factograf
GL

título monárquico de Esparta

Rei de Esparta

Rei de Esparta

A partir da reforma de Licurgo no século VII a. C., Esparta tiña dous reis (ἀρχαγέται / arkhagétai, de ἀρχή / archế, "goberno"). Un deles forma parte da familia dos Axíadas (Ἀγιάδαι / Agiádai), o outro da dos Euripóntidas (Εὐρυποντίδαι / Eurupontídai), dúas familias nadas, segundo a lenda, de xemelgos descendentes de Heracles, Eurístenes, pai de Axis I e Procles, pai de Euriponte. Por eles, os espartiatas chámanse, no seu conxunto, Heráclidas (ver Tirteo, 8, 1). As familias non poden casaren entre elas, nin levaren o mesmo nome (Axis, fundador dos Axíadas, é a excepción, xa que ese nome só se atopa logo entre os Euripóntidas) e as súas tumbas atópanse en lugares distintos. Os dous reis supóñense que son iguais, mesmo se Eurístenes se supón que foi o máis vello dos xemelgos, e debía en principio dar unha certa hexemonía aos Axíadas.

Historia

Orixe das dúas dinastías

Moitos se preguntaron sobre a orixe desta dobre dinastía. Algúns pensan que ao principio había tres reis, mandando cada un unha das tres tribos testemuñadas ao inicio da primeira guerra de Mesenia. Un dos tres reis tería desaparecido a continuación. Outros fan aos Axíadas os reis dos antigos Aqueos (Cleómenes I declárase aqueo e non dorio en Atenas), e aos Euripóntidas os dos invasores dorios. Finalmente, baseándose na localización das súas tumbas, pódese facer dos Axíadas os representantes dunha parte da Laconia, Pitana e Mesoa, e dos Euripóntidas, os doutra, Limai e Konooura.

Pódese lembrar tamén que Roma ten dous cónsules, Mesene dous reis tamén, Atenas dous reis e logo tres arcontes. Ter dous reis permite que un se reserve na cidade mentres o outro fai a guerra ou minimizar os problemas de vacante no poder no caso de morte ou rexencia dun rei. Finalmente, Esparta dedica un culto aos Dióscuros, xemelgos modelos da amizade fraternal.

Devolución do poder real

O poder real transmítese ao «máis próximo descendente do máis próximo detentador* do poder máis real» (Pierre Carlier, La royauté en Grèce avant Alexandre, AECR, 1984), é dicir que o fillo vai antes có irmán, que hai dereitos de primoxenitura, pero que o fillo nado cando o pai é xa rei prima sobre os que non están nesa circunstancia. Porén, parece que os Espartiatas interpretan de maneira libre esta regra de sucesión.

Papel

Os poderes dos reis son esencialmente militares e relixiosos. Ao principio, os reis poden levar a guerra contra o país que quixesen, e o seu poder é colexiado. En 506 a. C., ocorre o famoso «divorcio de Eleusis» (o rei Demarato abandona a expedición levada por Cleómenes e mais el contra Atenas), e a partir de aí os reis levan a guerra sos. No século V a. C., ademais, é a Asemblea a que vota a guerra, e os éforos quen deciden acerca da mobilización. Sexa como for, o rei en campaña é o comandante en xefe (ἡγεμών / hêgemốn). Prima sobre os demais xenerais, pode pechar a treguas, e combate na primeira ringleira da asa dereita, protexido pola súa garda de honra de cen homes, os Ἱππείς / Hippeís.

Os reis teñen tamén o sacerdocio de Zeus Lakedaimonios e Zeus Ouranios, e presiden os sacrificios. Nomean os maxistrados encargados de consultar a Pitia, e reciben a súa contestación. Son membros da xerusía.

Lista de reis

Axíadas

Euripóntidas

Inicio do reinado Final do reinado Nome Notas
? ? Procles
? 890 a. C. Soo
890 a. C. 860 a. C. Euriponte
860 a. C. 830 a. C. Prítanis
830 a. C. 800 a. C. Polidectes
800 a. C. 780 a. C. Eunomo
780 a. C. 750 a. C. Carilo
750 a. C. 720 a. C. Nicandro
720 a. C. 675 a. C. Teopompo
675 a. C. 665 a. C. Anaxándrides I
665 a. C. 645 a. C. Arquídamo I
645 a. C. 625 a. C. Anaxídamo
625 a. C. 600 a. C. Leotíquidas I
600 a. C. 575 a. C. Hipocrátidas
575 a. C. 550 a. C. Agasicles
550 a. C. 515 a. C. Aristón
515 a. C. 491 a. C. Demarato
491 a. C. 469 a. C. Leotíquidas II
469 a. C. 427 a. C. Arquídamo II
427 a. C. 399 a. C. Axis II
399 a. C. 360 a. C. Axesilao II
360 a. C. 338 a. C. Arquídamo III
338 a. C. 331 a. C. Axis III
331 a. C. 305 a. C. Eudámidas I
305 a. C. 275 a. C. Arquídamo IV
275 a. C. 244 a. C. Eudámidas II
244 a. C. 241 a. C. Axis IV
241 a. C. 228 a. C. Eudámidas III
228 a. C. 227 a. C. Arquídamo V
227 a. C. 221 a. C. Eucleidas Axíada, pero posto neste cargo polo seu irmán Cleómenes IIII, tras depoñer o seu colega Euripóntida.

Fin da monarquía

Inicio do reinado Final do reinado Nome Notas
219 a. C. 215 a. C. Axesípolis III
219 a. C. 212 a. C. Licurgo
212 a. C. 200 a. C. Pélope
200 a. C. 192 a. C. Nabis

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pierre Carlier, La royauté en Grèce avant Alexandre, Association pour l’étude de la civilisation romaine (AECR), Strasbourg, 1984;
  • Paul Cartledge:
    • Agesilaos and the Crisis of Sparta, Duckworth, Londres, 1987,
    • Spartan kingship: doubly odd?, Spartan Reflections, Duckworth, Londres, 2001;
  • Bernard Sergent, «La représentation spartiate de la royauté », Revue de l'histoire des religions n° 189 (1976), pp. 3–52.

Ligazóns externas

  • VI, 56–58

Read next

In 37 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article