Rallus é un xénero de aves gruiformes pertencente á familia Rallidae. Habitan nas zonas húmidas de América, Eurasia e África.
En América atópase a maior diversidade de especies, e as outras catro especies que se atopan en Eurasia, África e Madagascar, están estreitamente relacionadas entre si, o que indica que descenden dun antepasado común procedente de terras americanas.
Características
Adoitan ser aves esveltas, de pico longo e patas delgadas. Os seus corpos, aplanados lateralmente, son unha adaptación á vida en canedos e pantanos e permítelles deslizarse facilmente a través da densa vexetación semiacuática. Xeralmente teñen o dorso marrón ou xaspeado, a cara ou o peito azulados ou agrisado e flancos listados.
Especies

Especies actuais
O xénero Rallus contén actualmente catorce especies:
- Rallus longirostris;
- Rallus crepitans;
- Rallus obsoletus;
- Rallus elegans;
- Rallus tenuirostris;
- Rallus wetmorei;
- Rallus limicola;
- Rallus aequatorialis;
- Rallus semiplumbeus;
- Rallus antarcticus;
- Rallus indicus;
- Rallus aquaticus - zurrasca eurasiática;
- Rallus caerulescens;
- Rallus madagascariensis.
Especies fósiles
O xénero Rallus inclúe 11 especies fósiles:
- Rallus eivissensis - zurrasca de Eivisa;
- Rallus sp. (Hungría);
- Rallus lacustris (Norteamérica);
- Rallus phillipsi (Wickieup, EUA);
- Rallus prenticei (Nortemérica);
- Rallus sp. (Saw Rock Canyon, EUA);
- Rallus auffenbergi (sueste de Norteamérica) (antes en Porzana);
- Rallus ibycus (Bermudas);
- Rallus recessus (Bermudas);
- Rallus natator (San Josecito, México);
- Rallus richmondi ou R. dubius.
- Rallus lowei (Madeira);
- Rallus adolfocaesaris (Porto Santo, Madeira);
- Rallus montivagorum (Pico, Azores);
- Rallus carvaoensis (São Miguel, Azores);
- Rallus minutus (São Jorge, Azores), nome científico provisional;
Especies anteriormente en Rallus
- Xénero Gallirallus
- Xénero Lewinia
- R. arenarius, agora Quercyrallus
- R. beaumontii, R. dispar, agora Pararallus ou Palaeoaramides
- R. christyi, R. eximius, R. major, agora Palaeoaramides
- R. major, agora Miorallus
- R. porzanoides, agora Paraortygometra
Conservación
Tres especies endémicas de Suramérica están ameazadas pola destrución do seu hábitat, en tanto que a especie de Madagascar chegou a ser extremadamente escasa.
