factograf
GL
Sign in

político venezolano

Rafael Caldera

Rafael Caldera

Key facts

data de nacemento24 de xaneiro de 1916
data de falecemento24 de decembro de 2009
educado enUniversidade Central de Venezuela
ocupaciónpolítico, profesor universitario, sociólogo
lugar de nacementoSan Felipe
lugar de falecementoCaracas
empregadorUniversidade Central de Venezuela
cargo ocupadodeputado de Venezuela
membro do partido políticoComité de Organización Política Electoral Independente
distinciónGran Cruz da Orde de Carlos lll
All data from the card 14
Nacemento
(es) Rafael Antonio Caldera Rodríguez 24 de xaneiro de 1916 San Felipe
Morte
24 de decembro de 2009 (93 anos)Caracas
Causa da morte
párkinson
Lugar de sepultura
Cemiterio do Leste
Relixión
Catolicismo
Educación
Universidade Central de Venezuela
Ocupación
político, avogado, politicólogo, sociólogo, profesor universitario, xurista
Empregador
Universidade Central de Venezuela
Partido político
Comité de Organización Política Electoral Independente
Membro de
Academia Venezolana da Lingua Academia de Ciencias Políticas y Sociales (en) Real Academia Europea de Doutores
Cónxuxe
Alicia Pietri
Fillos
Juan José Caldera
Descrito pola fonte
Dicionario de Historia de Venezuela
Sitio web
rafaelcaldera.com

Rafael Antonio Caldera Rodríguez, nado o 24 de xaneiro de 1916 e finado o 24 de decembro de 2009, foi un avogado, sociólogo, escritor, orador e político venezolano, electo dúas veces como presidente de Venezuela, exerceu dous mandatos de cinco anos (1969-1974 e 1994-1999).

Traxectoria

Amplamente recoñecido como un dos fundadores do sistema democrático de Venezuela, o principal arquitecto da Constitución de 1961 e un pioneiro do movemento demócrata-cristián en América Latina, Caldera axudou a forxar un período sen precedentes de goberno democrático civil nun país asediado por unha historia de violencia política e caudillos militares.

O seu liderado estableceu a reputación de Venezuela como democracia estables de América Latina durante a segunda metade do século XX. Durante o seu mandato houbo accións da Operación Cóndor no país.

Despois de licenciarse en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Central de Venezuela en 1939, Caldera iniciou unha carreira de 70 anos que combinaba actividades políticas, intelectuais e académicas. Foi chamado tanto de pro-fascista como de entregado ao comunismo.

Acusacións de corrupción

En 1994 foi acusado do seu primeiro caso de corrupción por suposto enriquecemento cunha mina de ouro. Posteriormente foi acusado de corrupción xeneralizada na Administración pública, aínda que tamén de levar o asunto da corrupción a foros internacionais.

Amnistía aos militares da rebelión de 1992

Durante o segundo goberno de Caldera, foron amnistiados e postos en liberdade os militares implicados no intento de golpe de estado de 1992, que se sumaron ao partido político Movimiento V República (MVR), liderado por Hugo Chávez, que despois acadou unha clara vitoria nas Presidenciais de Venezuela en 1998.

Unha lenda urbana apuntaba a que Caldera fora padriño de promoción de Hugo Chávez no exército, no corpo de paracaidismo. Outra versión colocábao de padriño de bautismo, ambas foron desmentidas pola familia Caldera Pietri e o propio Chávez.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Legado en formato dixital http://www.el-nacional.com/noticias/sociedad/legado-rafael-caldera-ahora-formato-digital_264300
  • Rafael CalderaArquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Biografía na páxina oficial do Goberno de Venezuela
  • Rafael Caldera Arquivado 16 de xuño de 2006 en Wayback Machine. (en Convergencia.org.ve)
  • Discursos e biografía Arquivado 15 de maio de 2018 en Wayback Machine. (en www.fundacionjoseguillermocarrillo.com) (in Spanish)
  • Biografia na fundación CIDOB Arquivado 17 de febreiro de 2013 en Wayback Machine.

 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read next

In 44 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article