REC 2 ou [●REC]² é un filme español de terror dirixido e escrito por Jaume Balagueró e Paco Plaza que se estreou no 2009. Secuela do filme [•REC] (2006). O obxectivo desta segunda parte, segundo os propios directores, é dar resposta ós pequenos enigmas que quedaron abertos na primeira.
Argumento
Pasaron tan só uns minutos dende que as autoridades perderon o contacto coas persoas encerradas no edificio en corentena. Ninguén sabe exactamente que ocorre no seu interior e fóra reina o caos. Unha unidade de GEOS introdúcese no interior da casa para controlar a situación e determinar que está ocorrendo nunha misión aparentemente doada.
Personaxes
- Manuela Velasco como Ángela Vidal
- Pablo Rosso como Rosso
- Àlex Batllori como Uri
- Andrea Ros como Mire
- Pau Poch como Tito
- Jonathan Mellor como Doutor Owen
- Óscar Sanchez Zafra como Jefe
- Ariel Casas como Larra
- Alejandro Casaseca como Martos
- Pep Molina como Pai de Jennifer
- Juli Fábregas como Bombeiro
- Ferran Terraza como Manu
- Claudia Silva como Jennifer
- Martha Carbonell como Conchita Izquierdo
- Jorge-Yaman Serrano como Policía xove
- Chen Min Kao como Home xaponés
- Akemi Goto como Muller xaponesa
- David Vert como Álex
Galardóns e nomeamentos
- 2009: Premios Gaudí: Mellor montaxe, Mellores efectos especiais, Mellor son e Mellor maquillaxe e peiteado.