factograf
GL

R.U.R.

R.U.R.

Key facts

data de creación ou fundación1920
data de publicación1920
instancia deobra dramática
autorKarel Čapek
directorVojta Novák
All data from the card 3
VIAF
312332449
Open Library
OL575637W
Freebase
/m/09b0s
Escena de R.U.R. amosando tres robots
Escena de R.U.R. amosando tres robots

R.U.R., subtitulada Rossumovi univerzální roboti, é unha obra de teatro de ciencia ficción escrita polo autor checo Karel Čapek. A súa estrea foi en 1920 en Praga, é famosa por utilizar por vez primeira o termo "robot".

Desenvolvemento

A peza comeza nunha fábrica onde se fabrica xente artificial, chamada robots, que son máis semellantes á idea moderna de androide ou clons, xa que poden ser confundidos por humanos. Primeiro traballan felices para os humanos mais iso muda cando se produce unha revolta dos robots que acaba coa desaparición da raza humana.

Adaptacións

O 11 de febreiro de 1938, a BBC emitiu unha adaptación de 35 minutos para a televisión dunha parte da peza, foi a súa primeira produción de ciencia ficción. En 1941 BBC radio realizou unha versión para a radio e en 1948 realizou outra adaptación para a televisión, desta volta de toda a peza cunha duración de noventa minutos. Non se conserva ningunha desas adaptcións. O compositor checo Zdeněk Blažek realizou unha ópera en 1977 baseada na obra, e a BBC Radio 3 realizou unha nova dramatización en 1989.

Read next

In 35 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article