factograf
GL

Propulsor (arma)

Propulsor (arma)
Lanzamento dun dardo coa axuda dun propulsor.
Lanzamento dun dardo coa axuda dun propulsor.

Un propulsor é unha arma de proxección que permite a impulsión de venabres ou azagaias. Os vestixios máis antigos foron atopados en Europa e datados no Paleolítico Superior.

Etnografía

Propulsor esculpido procedente de Mas d'Azil
Propulsor esculpido procedente de Mas d'Azil
Principio de utilización do propulsor
Principio de utilización do propulsor
Esquema de atlatl, propulsor utilizado por amerindios.
Esquema de atlatl, propulsor utilizado por amerindios.
Esquimó utilizando un propulsor
Esquimó utilizando un propulsor
4 images

Un propulsor é un dispositivo que permite acrecentar a velocidade inicial e, polo tanto, o alcance ou a forza de penetración dun proxectil primitivo (dardo, lanza, azagaia etc.). Adoita estar constituído, polo xeral, por un bastón de lonxitude variábel e no que un dos seus cabos ten un gancho. O propulsor prolonga o brazo humano e multiplica a súa forza. Alcances de 90 ou 100 m están testemuñados.

Historia

O propulsor está testemuñado en Europa desde o Paleolítico Superior, do Solutreano superior até finais do Magdaleniano. Certas partes de propulsores, fabricados de material óseo ou córneo de animais, estaban ricamente decorados e constitúen obras mestras da arte móbil. A partir do Epipaleolítico os propulsores foron sendo substituídos por arcos e frechas.

O propulsor está aínda hoxe moi difundido entre os pobos contemporáneos de cazadores-recolectores, en especial nos do Ártico, entre os aborixes de Australia e de Nova Guinea (xeralizouse o nome de woomera, propio dos eora, cerca de Sidney) ou entre os Amerindios (é coñecido co nome de átlatl en lingua nahuatl).

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Que é un propulsor? (en francés)
  • Sitio completo sobre a prehistoria explicando a fabricación dun propulsor (en francés)
  • Arqueoloxía experimental: lanzamento con propulsor (en italiano)

Read next

In 35 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article