Propagandhi é unha banda canadense de punk rock formada en Portage la Prairie, Manitoba en 1986 polo guitarrista Chris Hannah e o batería Jord Samolesky. Hoxe en día o grupo está baseado en Winnipeg, Manitoba e complétano o baixista Todd Kowalski e o guitarrista Sulynn Hago.
Mentres que os seus primeiros traballos estaban aliñados coa tradición punk rock e skate punk, nos seus últimos anos os discos de Propagandhi movéronse cara a un son máis pesado influenciado polo heavy metal máis técnico. Tanto nas súas letras como no seu activismo, os membros da banda defenden varias caousas de esquerdas e anarquistas e o veganismo.
Discografía
| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| How to Clean Everything | 1993 | Fat Wreck Chords |
| Less Talk, More Rock | 1996 | Fat Wreck Chords |
| Today's Empires, Tomorrow's Ashes | 2001 | G7 Welcoming Committee, Fat Wreck Chords |
| Potemkin City Limits | 2005 | G7 Welcoming Committee, Fat Wreck Chords |
| Supporting Caste | 2009 | G7 Welcoming Committee, Smallman, Hassle |
| Failed States | 2012 | Epitaph Records |
| Victory Lap | 2017 | Epitaph Records |
| At Peace | 2024 | Epitaph Records |
