Police Story 2 (en chinés: 警察故事續集) é un filme de Hong Kong dirixido, escrito e protagonizado por Jackie Chan que se estreou en 1988. É a secuela do filme de 1985 Armas invencibles (tamén coñecida como Police Story.
Sinopse
Kevin Chan é un policía cunha brillante carreira, pero os seus métodos pouco ortodoxos provocan que acabe relegado ó departamento de tráfico. Porén, un criminal que xurara vingarse del, sae do cárcere e perségueos a el e á súa moza. Ó mesmo tempo, o xefe da policía estuda a posibilidade de devolver a Kevin o seu destino anterior para que lles axude a atrapar a uns criminais que extorsionan diversos construtores, ós cales ameazan con facer estourar bombas nos seus edificios.
Personaxes
- Jackie Chan como Sarxento "Kevin" Chan Ka-Kui
- Maggie Cheung como May
- Chor Yuen como Chu Tu
- Charlie Cho como John Koo
- Lam Kwok-Hung como Superintendente Raymond Li
- Bill Tung como "Tío" Bill Wong
- Mars como Inspector Kim
- Benny Lai como Dummy / Xefe criminal
- Johnny Cheung como Cheung
- Ben Lam como Tall Pau Hung
- Chi Fai Chan como Ngor
- Shan Kwai como Presidente Fung
- Isabella Wong como Secretaria do presidente Fung
- Ann Mui como Karen