factograf
GL
Sign in

PlayStation Move

PlayStation Move
All data from the card 1
Freebase
/m/064qmy3

PlayStation Move é un sistema de control de videoxogos creado por Sony para a plataforma PlayStation 3 que funciona por sensores de movemento, cunha bola nun extremo que se ilumina e mediante a cámara PlayStation Eye que recolle os movementos do mando.

O sistema foi presentado na conferencia de Sony no E3 o 2 de xuño de 2009. Nela mostrouse un prototipo funcionando con varias demos técnicas. Nun principio fixouse como data de lanzamento a primavera de 2010, pero finalmente lanzouse ó mercado o 15 de setembro de 2010.

Accesorios

Motion controller

É o mando principal de PlayStation Move. Ten forma alongada e unha esfera que se ilumina en diferentes cores, evitando ter a cor da habitación na que se xoga. A cámara Playstation Eye detecta a súa posición no espazo con precisión 1:1.

É un mando que complementa o Motion controller nalgúns videoxogos. É igual ó Nunchuk da Wii. Ten as función principais do lado esquerdo dos mandos inalámbricos de PlayStation, de feito o navigation controller pode ser substituído por un mando Dualshock 3.

Videoxogos

Videoxogos que requiren PlayStation Move ou posúen funcionalidades compatibles:

Título Lanzamento
Sports Champions 17/9/2010
The Shoot 1/10/2010
Little Big Planet 2 16/11/2010
Killzone 3 3/2/2011
Sorcery 11/4/2011
Kung Fu Rider 17/9/2010
Heroes on the Move 10/5/2011
Socom 4: U.S. Navy Seals 20/4/2011
The Fight: Lights out 4/10/2010
NBA 2K11 8/10/2010

In 25 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article