factograf
GL

Plaxio

O plaxio é o acto de asinar, presentar e publicar unha obra intelectual de calquera natureza (texto, música, obra pictórica, fotografía, obra audiovisual etc) contendo partes dunha obra que pertenza a outra persoa sen o permiso do autor. No acto de plaxio, aprópiase indebidamente da obra intelectual doutra persoa, asumindo a autoría.

Etimoloxía

Provén do latín plagium: acción de roubar unha persoa, secuestrar, vender homes libres como escravos, relacionada ao verbo plaxio, con significado análogo, de modo que a etimoloxía implica un acto criminoso.

Plaxio non é a mesma cousa que parodia. Na parodia, hai unha intención clara de homenaxe, crítica ou de sátira, non existe a intención de enganar o lector ou o espectador canto á identidade do autor da obra.

Para evitar acusación de plaxio cando se utilizar parte dunha obra intelectual na creación dunha nova obra, recoméndase parafrasear o texto da fonte consultada e colocar sempre créditos completos para o autor, seguindo as normas da Associação Brasileira de Normas Técnicas, especialmente no caso de traballos académicos onde normalmente se utiliza a cita bibliográfica.

Exemplo de plaxio

Un caso considerado clásico de plaxio académico se deu coa obra de 1930 La Vie des Fourmis de Maurice Maeterlinck, libro no cal o autor belga fóra acusado de copiar a obra The Soul of the White Ant do naturalista e escritor surafricano Eugène Marais, publicada orixinalmente en revistas ao longo dos primeiros anos da década de 1920.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • American Historical Association, "Statement on Standards of Professional Conduct" (2005) Arquivado 05 de marzo de 2011 en Wayback Machine.
  • Citation Plagiarism Arquivado 09 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  • Deja Vu: A Database of Duplicate Citations in the Scientific LiteratureArquivado 08 de setembro de 2008 en Wayback Machine.

Read next

In 80 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article