factograf
GL

Placenta

Placenta
All data from the card 4
Freebase
/m/0hphk
MeSH
D010920
CIE-11
1719538598
OpenAlex
C2776953305, C3018059006 e C2909980255
Placenta ao pouco de ser extraída.
Placenta ao pouco de ser extraída.

A placenta (do latín torta plana referíndose á súa aparencia en humanos) é un órgano presente na maioría dos mamíferos (os marsupiais, por exemplo, non producen placenta) e que relaciona estreitamente ao bebé coa súa nai e atende as necesidades de respiración, nutrición e excreción do feto durante o seu desenvolvemento. A placenta desenvólvese a partir das mesmas células que deron lugar ao feto e ten dous compoñentes, unha porción fetal, o corion frondoso e unha porción materna ou decidua basal.

Clasificación

A placenta humana é de tipo hemocorial (ou discoidal), que quere dicir que o tecido fetal penetra o endometrio ata o punto de estar en contacto co sangue materno. Este tipo de placenta é a que presentan todos os primates e os roedores. Porén, entre os mamíferos existen outros tipos de placenta:

  • Endoteliocorial: onde o corion penetra no endometrio, chegando a tocar os vasos da nai. É unha característica de animais carnívoros, como o gato, o can ou o lobo.
  • Sindesmocorial: nela o epitelio da mucosa uterina segue intacta, pero o trofoblasto chega a ter contacto co tecido uterino permitindo o paso de nutrientes necesarios. Existe en ruminantes como a ovella.
  • Epiteliocorial: o corion toca lixeiramente o endometrio materno, pero non o penetra, como é o caso da porca.

Read next

In 97 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article