factograf
GL
Sign in

xénero de plantas

Pilularia

Pilularia

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonPilularia
categoría taxonómicaxénero
descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
All data from the card 6
Freebase
/m/09bmqj
ITIS
18002
OTT
226596
CoL
6QJT
EOL
72944
WFO
wfo-4000029745

Pilularia é un xénero de pteridófitas da clase das polipodiópsidas e orde das salviniais, un dos tres incluídos na familia das marsileáceas.

O xénero comprende especies de fieitos acuáticos distribuídos polas rexións temperadas; no hemisferio norte, en Norteamérica, Europa e nas montañas de Etiopía e, no hemisferio sur, en Australia, Nova Zelandia e o oeste de América do Sur.

A especie tipo é Pilularia globulifera Linnaeus, 1753

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1753 por Linneo na páxina 1100 do tomo II da súa obra Species Plantarum.

Etimoloxía

O nome científico Pilularia está formado pola unión dos elementos pilul- e -aria. O primeiro está tirado do latín pilula, "pequena bóla", e o segundo é unha desinencia do latín científico derivada do latín -arius, -aria, -arium, elemento formador de adxectivos co significado de "relacionado coa raíz derivativa."

Sinónimos

Ademais de polo protónimo cuñado por Linneo, e actualmmente válido (2021), o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:

  • Spheroidia Dulac

Especies

Dependendo do taxonomista, o xénero conta entre 3 e 6 especies.

Traballos recentes aceptan catro especies de Pilularia, cunha quinta, P. novae-zealandiae, conespecífica de P. novae-hollandiae. Ademais, outra especie, P. dracomontana, foi descrita en Suráfrica.

Características

Son plantas pequenas con frondes semellantes a fíos e con rizomas rastreiros. Os esporanxios están en esporocarpos esféricos, que se forman nas axilas das frondes. Pilularia minuta do suroeste de Europa é un dos fieitos máis pequenos.

Galería

Pilularia globulifera
Pilularia globulifera
Pilularia globulifera
Pilularia globulifera
Pilularia globulifera
Pilularia globulifera
Ilustracións de P. globulifera
Ilustracións de P. globulifera
Ilustracións de Pilularia minuta
Ilustracións de Pilularia minuta
Área de distribución de Pilularia americana
Área de distribución de Pilularia americana
6 images

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hassler, M. & Schmitt, B. (2019): World Ferns. Checklist of the Ferns and Lycophytes of the World. Versión 7.63 – xaneiro de 2019.
  • Preston, C. D. & Croft, J. M. (1997): Aquatic Plants in Britain and Ireland. Colchester, UK: Harley Books. ISBN 0-9465-8955-0, pp. 31–32.

Ligazóns externas

Read next

In 20 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article