factograf
GL
Sign in

Pelham Humfrey

Pelham Humfrey

Key facts

data de nacemento1647
data de falecemento14 de xullo de 1674
ocupacióncompositor
lugar de nacementoLondres
lugar de falecementoWindsor
descrito pola fonteDictionary of National Biography
All data from the card 8
Nacemento
1647 Londres
Morte
14 de xullo de 1674 (26/27 anos)Windsor
Lugar de sepultura
Abadía de Westminster
Ocupación
compositor
Movemento
Música barroca
Profesores
Jean-Baptiste Lully
Alumnos
Henry Purcell
Descrito pola fonte
Dictionary of National BiographyDicionario Musical Riemann (1901–1904)New International Encyclopedia

Pelham Humfrey (variantes do nome: Humphrey e Humphrys), nado en Londres en 1647 e finado en Windsor, Inglaterra, o 14 de xullo de 1674, foi un compositor inglés do Barroco. Foi o primeiro da nova xeración de compositores ingleses marcada polo inicio da Restauración en coller relevancia.

Aos seus dezasete anos, Humfrey xa era moi coñecido polos seus himnos, e o rei enviouno a estudar a París, probabelmente en xaneiro de 1665, onde colleu moitas influencias da música da corte francesa. Nos alicerces da música que escribiu ao seu regreso, tamén demostrou ter asimilado o estilo vocal máis expresivo de Giacomo Carissimi. Máis tarde, sucedeu a Henry Cooke (o seu sogro) no cargo de mestre do coro da Capela Real e tamén se converteu en compositor da corte.

No xornal de Samuel Pepys fanse comentarios críticos acerca do xeito de vestir e mesmo do comportamento en xeral de Humfrey.

Malia morrer moi novo, aos 27 anos, Humfrey Morreu exerceu, xunto con Matthew Locke, unha forte influencia sobre os seus compañeiros, entre os que estaban William Turner, Henry Purcell e John Blow. A súa morte tan temperá considérase como unha das traxedias máis grandes na historia de música inglesa. Á súa morte xa producira varios traballos de grande intensidade e o poder expresivo, como é o caso do himno O Lord my God ("Oh, señor, meu Deus").

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dennison, Peter. Pelham Humfrey. Oxford: Oxford University Press, 1986.
  • Scholes. Percy (1970). Ward, John Owen, ed. The Oxford Companion to Music.Oxford University Press.
  • Madeira, Bruce. "Humfrey, Pelham", Grove Music Online. Ed. L. Macy, grovemusic.comArquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine..

Ligazóns externas

  • Partituras de Pelham Humfrey na Biblioteca Coral de Dominio Público.
  • "Humfrey, Pelham". Dictionary of National Biography. Smith, Elderr & Co. Londres. 1885–1900. 
  • composers-classical-music.com

Read next

In 13 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article