factograf
GL

papa

Paulo II, papa

Paulo II, papa

Key facts

data de nacemento23 de febreiro de 1417
data de falecemento26 de xullo de 1471
ocupaciónsacerdote católico, numismático
lugar de nacementoVenecia
lugar de falecementoRoma
cargo ocupadoPapa
All data from the card 11
Nacemento
(it) Pietro Barbo 23 de febreiro de 1417 Venecia
Morte
26 de xullo de 1471 (54 anos)Roma
Causa da morte
infarto agudo de miocardio
Lugar de sepultura
Grutas vaticanas
Relixión
Igrexa católica
Lugar de traballo
Roma Estados Pontificios
Ocupación
sacerdote católico, numismático
Consagración
Niccolò Fortiguerra (pt)
Pais
Nicolo Barbo e Polissena Condulmer
Parentes
Uxío IV, tío
Descrito pola fonte
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronPequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e EfronGrande Enciclopedia Yuzhakov
Paulo II.
Paulo II.

Paulo II, nado como Pietro Barbo en Venecia o 23 de febreiro de 1417 e finado en Roma o 26 de xullo de 1471, foi o Papa n.º 211 da Igrexa católica entre 1464 e 1471.

Orixe e formación

Iniciou a súa carreira eclesiástica co nomeamento do seu tío como o Papa Uxío IV, o que lle permitiu unha rápida promoción, pasando de arquidiácono en Boloña a bispo de Cervia e Vicencia, e finalmente, en 1440, cardeal.

Papado

Foi elixido pontífice de xeito unánime o 30 de agosto de 1464. Prestou xuramento comprometéndose a abolir o nepotismo imperante na Curia, a mellorar a moral no Vaticano, a batallar contra o Imperio Otomán e a reunir un concilio ecuménico antes de tres anos. Porén, os termos dese xuramento foron modificados por Paulo paulatinamente ao longo do pontificado, o que lle valeu a perda de confianza do colexio cardinalicio.

Quixo utilizar o nome de Formoso II ("Fermoso" en latín), xa que estaba completamente convencido da súa beleza, pero os cardeais convencérono para que deixase a súa vaidade, e optou polo nome de Paulo.

En 1466, intentando desfacerse dos servizos duplicados no Vaticano, procedeu a pechar o colexio de compendiadores que se encargaba de redactar os documentos papais, o que provocou unha vaga de indignación entre os poetas e retóricos da cidade que eran os que prestaban tales servizos. O poeta Platina foi encarcerado tras escribir unha carta ameazante ao Papa, e se ben foi posteriormente liberado, foi novamente encarcerado ao ano seguinte acusado de conspirar contra o pontífice, sendo torturado xunto a outros compendiadores. En vinganza, Platina escribiu Vitae pontificum, unha biografía moi negativa de Paulo II.

O cronista Stefano Infessura presentou a Paulo II como oposto aos humanistas, amante do esplendor e das diversións populares como o entroido, que introduciu en Roma. Non obstante, cómpre ter en conta que o cronista, polo seu pensamento republicano e contrario ao papado, supón unha fonte de información pouco imparcial.

Porén, hai que recoñecer ao Papa o seu estrito sentido de equidade, as súas reformas na administración municipal, e a súa loita contra os subornos oficiais no seo da Igrexa.

Paulo II estableceu durante o seu pontificado a celebración do xubileu cada vinte e cinco anos, e intentou infrutuosamente organizar unha cruzada contra o Imperio Otomán.

As profecías de San Malaquías refírense a el como De cervo et leone (do cervo e o león), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi bispo de Cervie e cardeal de San Marcos, que ten por símbolo un león, e a que no seu escudo de armas aparece así mesmo un león.

Véxase tamén


 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read next

In 77 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article