factograf
GL

escritora mozambicana

Paulina Chiziane

Paulina Chiziane

Key facts

data de nacemento4 de xuño de 1955
educado enUniversidade Eduardo Mondlane
ocupaciónescritor
descrito pola fonteDictionary of African Biography
All data from the card 4
Nacemento
4 de xuño de 1955 (71 anos)Manjacaze
Educación
Universidade Eduardo Mondlane
Ocupación
escritora
Descrito pola fonte
Dictionary of African Biography, Diccionario de literatura del África subsahariana (en)


Paulina Chiziane, nada en Manjacaze (provincia de Gaza) o 4 de xuño de 1955, é unha escritora mozambicana que foi Premio Camões en 2021.

Traxectoria

Paulina Chiziane creceu nos suburbios da cidade de Maputo, anteriormente chamada "Lourenço Marques". Naceu nunha familia protestante en que se falaban as linguas chope e ronga, e aprendeu a lingua portuguesa na escola dunha misión católica. Comezou estudos de Lingüística na Universidade Eduardo Mondlane, mais non chegou a rematalos.

Participou activamente na política de Mozambique como militante da Frelimo (Frente de Libertação de Moçambique), durante a xuventude. Porén, sentiuse desilusionada coa directiva do partido despois da independencia do país. En particular, ficou defraudada pola política filooccidental e as ambivalencias ideolóxicas internas do partido. Outros motivos foron as posicións respecto ás políticas de mono e poligamia, a economía política, vencellada ao marxismo-leninismo, e a hipocrisía, ao seu entender, en relación coa liberdade económica da muller.

Tras apartarse da política, iniciou a súa actividade literaria en 1984, con contos publicados na prensa. A súa escrita foi xerando polémicas sobre asuntos como a práctica da poligamia no país. Co seu primeiro libro, Balada de amor ao vento (1990), converteuse na primeira muller en publicar unha novela no seu país. A obra fala da poligamia no sur de Mozambique durante o período colonial. Debido á súa participación activa na Frelimo, a súa narrativa reflicte o malestar social dun país devastado pola guerra de liberación e os conflitos civís posteriores á independencia.

En 2003, a súa novela Niketche: uma história de poligamia gañou o Premio José Craveirinha.

En 2016 anunciou que deixaba a escrita, esgotada polas loitas que afrontara ao longo da súa carreira. Vive e traballa na provincia da Zambézia.

Na Galiza

Forma parte da Semana Galega de Filosofía en 2025.

Obras

Novela

  • Balada de Amor ao Vento:
    • 1.ª ed. 1990.
    • Lisboa: Caminho, 2003. ISBN 9789722115575.
  • Ventos do Apocalipse:
    • Maputo: ed. do autor, 1993.
    • Lisboa: Caminho, 1999. ISBN 9789722112628.
  • O Sétimo Juramento (2000). Lisboa: Caminho. ISBN 9789722113298.
  • Niketche: Uma História de Poligamia:
    • Lisboa: Caminho, 2002. ISBN 9789722114769.
    • São Paulo: Companhia das Letras, 2004.
    • Maputo: Ndjira, 2009, 6ª ed.. ISBN 9789024796281.
  • O Alegre Canto da Perdiz (2008). Lisboa: Caminho. ISBN 9789722119764.
  • As Andorinhas (2009). Indico Editores.
  • Na mão de Deus (2013).
  • Por Quem Vibram os Tambores do Além (2013). Con Rasta Pita
  • Ngoma Yethu: O curandeiro e o Novo Testamento (2015).
  • O Canto dos Escravizados (2017).

Outras obras

  • Eu, mulher... por uma nova visão do mundo (1994)

Premios e recoñecementos

  • Premio José Craveirinha 2003, por Niketche: uma história de poligamia
  • XXXIII Premio Camões en 2021.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martins, Ana Margarida Dias (2006): «The Whip of Love: Decolonising the Imposition of Authority in Paulina Chiziane’s Niketche: Uma História de Poligamia». in The Journal of Pan African Studies Vol.1, n.º. 3, março de 2006.
  • TEDESCO, Maria do Carmo Ferraz (2008): Narrativas da Moçambicanidade: Os Romances de Paulina Chiziane e Mia Couto e a Reconfiguração da Identidade Nacional Arquivado 10 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Tese presentada no Departamento de Historia da Universidade de Brasília.
  • PEREIRA, Ianá de Souza (2012): Vozes Femininas de Moçambique. Disertación de Mestrado presentada no departamento de Letras da Univesidade de São Paulo (FFLCH-USP).
  • Biblioteca Nacional de Portugal, Porbase.

Ligazóns externas

  • Notícias do Maputo: Entrevista a Paulina Chiziane (consultado o 5 de xullo de 2008).
  • Adelto Gonçalves: O feminismo negro de Paulina Chiziane (consultado o 5 de xullo de 2008).
  • Entrevista a Paulina Chiziane sobre os seus libros e a súa vida (consultado o 5 de xullo de 2008).
  • Biografía de Paulina Chiziane no sitio web do Centre for the Study of Contemporary Women's Writing (Universidade de Londres)

Read next

In 20 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article