Patrick Bergin Connaughton, nado o 6 de xaneiro de 1993 en Arlington, Massachusetts, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
Connaughton foi escollido na 41ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Brooklyn Nets, e os seus dereitos foron traspasados xunto a Mason Plumlee ós Portland Trail Blazers, a cambio de Steve Blake e a 23ª elección dese Draft, Rondae Hollis-Jefferson. O 9 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Blazers.
O 1 de agosto de 2018, Connaughton asinou cos Milwaukee Bucks. O 20 de xullo de 2021, Connaughton gañou o seu primeiro campionato da NBA, despois de que os Bucks derrotasen por 4-2 ós Phoenix Suns nas Finais da NBA de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 12 de maio de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
