factograf
GL
Sign in

Papilionoidea

Papilionoidea

Key facts

instancia detaxon
nome do taxonPapilionoidea
categoría taxonómicasuperfamilia
All data from the card 4
Freebase
/m/02_4gw
ITIS
117235
CoL
5G9
EOL
854
Battus philenor, eiruga
Battus philenor, eiruga
Papilio polyxenes, pupa
Papilio polyxenes, pupa
Pieris virginiensis, Pieridae
Pieris virginiensis, Pieridae
3 images

Papilionoidea é unha superfamilia monofilética de lepidópteros ditrisios que inclúe todas as familias de bolboretas diúrnas. A súa circunscrición actual coincide coa delimitación tradicional do clado Rhopalocera, e suxire que as superfamilias Hesperioidea e Hedyloidea non son válidas.

Nomenclatura

Durante moitos anos, os ropalóceros tiveron o rango taxonómico de suborde no que se incluían as bolboretas diúrnas, en contraposición da suborde Heterocera, ou bolboretas nocturnas (trazas, falenas e outras, ou "moths" para os anglófonos). Esta antiga división dos lepidópteros en dúas subordes quedou superada pola cladística moderna que demostrou que se trataba dunha clasificación artificial e, na actualidade, os lepidópteros se subdividen nas subordes Aglossata, Glossata, Heterobathmiina e Zeugloptera. O termo ropalócero é frecuentemente utilizado, pero inapropiado segundo as regras de nomenclatura e o coñecemento actual sobre o grupo. Demostrouse que o clado conformado polas seis familias de bolboretas diúrnas forman un grupo monofilético xunto coa familia Hedylidae, a este grupo asignóuselle o rango de superfamilia e o nome correcto é Papilionoidea.

A característica que se usaba para separar os ropalóceros dos heteróceros era a forma das antenas; na maioría dos ropalóceros as antenas son longas, delgadas e acaban un engrosamento ou maza, mentres que nos heteróceros, as antenas teñen formas moi diversas e variadas segundo as familias.

Familias de Papilionoidea

Segundo a clasificación tradicional, Papilionoidea incluía cinco familias:

Pero a circunscrición actual, agrega ás familias Hesperiidae e Hedylidae, anteriormente consideradas como superfamilias independentes (Hesperioidea e Hedyloidea respectivamente).

Evolución e Bioxeografía

As análises filoxenéticas recentes suxiren que todas as sete familias forman un clado monofilético, cos Papilionidae como grupo irmán do resto das familias de Lepidoptera:

 

Outros Lepidópteros

 
Superfamilia Papilionoidea
 

Papilionidae

 
 
 
 

Hedylidae

 
 

Hesperiidae

 
 
 
 

Pieridae

 
 

Nymphalidae

 
 
 

Lycaenidae

 
 

Riodinidae

 
 
 
 
 

Seis das sete familias de Papilionoidea están distribuídas por todo o mundo. Hedylidae é a única familia restrinxida á rexión Neotropical, e polo menos tres das outras familias (Nymphalidae, Hesperiidae e Riodinidae) teñen maior riqueza nesta rexión. Lycaenidae ten unha maior riqueza na rexión Afrotropical, mentres que Papilionidae e Pieridae son máis ricas na rexión Oriental.

Interaccións bióticas

Bolboreta da subfamilia Charaxinae
Bolboreta da subfamilia Charaxinae

As larvas das bolboretas da superfamilia Papilionoidea reportáronse comendo en máis de 6000 especies de plantas de polo menos de 2200 xéneros e 212 familias, incluíndo 204 familias de plantas anxiospermas. Soamente 260 especies foron reportadas en plantas non anxiospermas ou utilizando recursos alternativos. Dentro das anxiospermas, todas as sete familias, e polo menos 36 das 41 subfamilias de papilionoidea foron reportadas comendo no grupo de ordes das rósidas (fábidas e málvidas segundo o APG III), dentro deste grupo a familia Fabaceae é a que se reportou máis frecuentemente. A familia Poaceae, dentro das plantas monocotiledóneas, é a segunda familia máis frecuentemente reportada como planta hospedera para as bolboretas de tres subfamilias de Hesperiidae e a subfamilia Satyrinae (Nymphalidae).

Read next

In 36 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article