factograf
GL
Sign in

POLAR

POLAR
All data from the card 1
Freebase
/m/0282kg9

Polar ou POLAR é un satélite artificial da NASA lanzado o 24 de febreiro de 1996 mediante un foguete Delta 7925 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para estudar a magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.

Características

POLAR foi unha das catro naves do programa GGS (Global Geospace Science), á súa vez parte das seis naves do programa ISTP (International Solar Terrestrial Physics) dirixido ó estudo da interacción entre a Terra e o Sol.

A misión de POLAR foi estudar as auroras polares, medir a interacción do plasma na zona polar da magnetosfera terrestre e a cola xeomagnética, o fluxo de plasmas cara e desde a ionosfera e a introdución de enerxía procedende das partículas solares na ionosfera e a atmosfera superior.

Instrumentos

POLAR levaba os seguintes instrumentos a bordo:

  • Plasma Wave Investigation (PWI): fai medicións das ondas de plasma nas zonas de altas latitudes aurorais, as zonas diúrnas de cúspide magnética e a plasmasfera.
  • Fast Plasma Analyzer (HYDRA): mide os cambios tridimensionais rápidos na distribución dos ións e electróns de moi baixa enerxía.
  • Experimento de Campo Magnético: un magnetómetro para medir os campos magnéticos nas zonas polares da magnetosfera.
  • Toroidal Imaging Mass-Angle Spectrograph (TIMAS): mide a distribución tridimensional dos ións na magnetosfera.
  • Instrumento de Campo Eléctrico (EFI): mide as tres compoñentes do vector campo eléctrico e a densidade de electróns termais.
  • Thermal Ion Dynamics Experiment (TIDE) e Plasma Source Instrument (PSI): trazan o fluxo de plasma ionosférico a través da magnetosfera.
  • Cámara Ultravioleta (UVI): cámara sensible ao ultravioleta remoto cun campo de visión de 8 graos para observar tanto o lado diúrno como nocturno da Terra e medir o efecto da enerxía solar nas rexións polares terrestres.
  • Sistema de Imaxe Visible: conxunto de tres cámaras deseñado para fotografar auroras polares.
  • Experimento Polar Ionosférico de Imaxe en Raios X (PIXIE): mide a distribución espacial e temporal da variación das emisións de raios X no rango entre 3 e 60 keV da atmosfera terrestre.
  • Charge and Mass Magnetospheric Ion Composition Experiment (CAMMICE): mide a composición das partículas enerxéticas que se atopan na magnetosfera terrestre para identificar cales son enerxizadas e transportadas desde a súa fonte á magnetosfera.
  • Comprehensive Energetic-Particle Pitch-Angle Distribution (CEPPAD).

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina de Polar na NASA

Read next

In 9 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article