factograf
GL
Sign in

concello da comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo

Ourol

Ourol

Key facts

poboación965
superficie144km²
instancia deconcello de Galicia
paísEspaña
capitalOurol
elevación sobre o nivel do mar5m
All data from the card 5
Código postal
27865
Código INE
27038
OpenStreetMap
344816
VIAF
316733755
Freebase
/m/0fgnb2

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003). O seu xentilicio é «ourolés».

Xeografía

Casa do concello.
Casa do concello.

O concello, de 142,1 km², está situado ao norte da provincia de Lugo e abrangue oito parroquias. Limita ao norte cos concellos de Viveiro e do Vicedo, ao sur con Muras, ao leste co Valadouro e ao oeste con Mañón (provincia da Coruña).

A altitude media sobre o mar é de 405 m. Os ríos, que van dar ao mar Cantábrico, van en dirección sur a norte, con profundos vales e escarpadas zonas montañosas entre eles, diminuíndo a altitude media de sur a norte. O pico Veliña (937 m) está no límite cos concellos de Muras e O Valadouro, na fin da Serra do Xistral, que é unha zona especial de conservación (ZEC) da Rede Natura 2000. O Pico Carballosa (732 m) está no límite das parroquias de Sisto e Ourol co concello de Muras.

A rede fluvial vai dar a dous ríos: o Landro e o Sor. O primeiro, que desemboca na ría de Viveiro, discorre en parte polo municipio e fai de fronteira co concello de Viveiro. Está tamén declarado como ZEC Río Landro. Destaca pola presenza do salmón e polos hábitats de xunqueiras na marisma. O río Sor configura o límite oeste de Ourol, co concello coruñés de Mañón, e parte do límite sur con Muras. A el van dar dous dos seus afluentes pola esquerda, os ríos Toxoso e San Pantaleón, que atravesan as parroquias de Ambosores e Cabanas. Vai dar á ría do Barqueiro.

O municipio ten clima oceánico húmido, con suavidade térmica por mor da influencia mariña (11 °C de amplitude, cunha media anual de 14 °C) e con precipitacións durante todo o ano (1400–1500 mm).

Demografía

A poboación do concello tivo unha tendencia regresiva durante os séculos XIX e XX, e continúa a diminuír na actualidade. Na primeira metade do século XX houbo unha forte emigración, mais compensouse cunha poboación de estrutura nova e con altas taxas de natalidade, acusándose máis o descenso nos últimos cincuenta anos.

Censo total 2017 1.016 habitantes
Menores de 15 anos 55 (5.41 %)
Entre 15 e 64 anos 481 (47.34 %)
Maiores de 65 anos 480 (47.24 %)
Ano Habitantes
1842 8.742
1857 6.274
1860 6.446
1897 5.779
1900 5.720
1920 5.311
1940 5.522
1960 4.410
1981 2.508
2000 1.620
2011 1.157

Parroquia 1877 1900 1920 1940 1960 1981 2002 2006 2011
Ambosores 273 195 215 182 77 37 21 20
Bravos 1017 881 811 840 659 356 280 239 242
Merille 461 671 658 763 559 383 263 234 194
Miñotos 738 1100 1070 1051 784 485 232 211 180
O Sisto 228 297 269 273 267 104 75 72 51
Ourol 800 862 786 831 719 438 249 232 191
San Pantaleón de Cabanas 1231 661 550 532 412 184 92 79 65
Xerdiz 1276 975 972 1017 828 481 260 228 214
Total 5751 5720 5311 5522 4410 2508 1488 1316 1157

Historia

Placa altimétrica na casa do concello.
Placa altimétrica na casa do concello.
Rúa principal de Ourol.
Rúa principal de Ourol.
2 images

En Xestido (Miñotos) atopouse un xacemento do mesolítico de industria microlítica laminar e xeométrica.

Da cultura megalítica consérvanse varias mámoas: na Veiga (Cabanas) hai un túmulo semiesférico duns 12 m de diámetro e 1,3 de altura, cuberto de maleza e con cono de violación. En Penido Vello hai un túmulo duns 16 m de diámetro co dolmen. Na Pena do Toxo hai dúas mámoas, no monte de Cristo dos Callós jai unha necrópole con sete túmulos.

Hai trece petróglifono concello, nos lugares de Chao de Senás e Coto de Xesto (Miñotos).

Da cultura castrexa consérvanse catro castros: o castro de Penagateira (Bravos), castro do Turrillón (Miñotos), outro poboado en Sisto, e o castro de Santa Apolonia en Goio (Xerdiz), circular con socalco e cunha capela do século XVI na parte posterior da mesma.

Da romanización de Galiza atopouse unha ara Lares Viais en Casas Vellas (Miñotos). Estaba nun muro nun camiño real. Foi dedicada por un fillo dun tal Flavus en cumprimento dunha promesa. En Xerdiz atopouse outra ara, dedicada por Seguia, filla de Catulia e esposa de Severino. Consérvase no Museo Provincial de Lugo.

Durante a maior parte da idade media as terras do actual concello dependeron das ordes relixiosas, pasando na última época e depender dos señores feudais. En 1128 o rei Afonso VII de León dispuxo divisións nas herdades eclesiásticas e civís da diocese de Mondoñedo. En 1392 o cabaleiro Fernán Peres de Andrade o Boo obtivo autorización para edificar tres igrexas nas montañas do Sor.

Trala división territorial de España en 1833 as parroquias pasaron a depender do concello de Viveiro, constituíndose oficialmente o concello de Ourol o 31 de decembro de 1840. En 1854 o concello foi suprimido durante uns meses, sendo restituído por Real Decreto o 25 de agosto dese mesmo ano. Coa revolución de 1868 a Xunta Revolucionaria volveu suprimir o concello, sendo restituído o 24 de novembro dese mesmo ano.

Símbolos

Escudo de 1840.
Escudo de 1840.
Primeira proposta de escudo.
Primeira proposta de escudo.
Escudo de 1988.
Escudo de 1988.
Escudo na casa do concello.
Escudo na casa do concello.
4 images

En 2009 o Pleno do Concello aprobou modificar o escudo do concello e crear unha bandeira municipal. O escudo é de sinople, con banda de ouro acompañada dun vichelocrego ou gaimarelo (ariolus ariolus) en cada oco; bordura de prata cargada con oito piñeiros ao natural. Ao timbre, coroa real pechada. A bandeira, en pano verde leva unha banda de amarelo acompañada dun vichelocrego ou gaimarelo (ariolus ariolus) de amarelo e ás de negro en cada oco.

Os vichelocregos simbolizan o topónimo Ourol, derivado do latín aureolus (dourado). A banda recorda o cabaleiro Fernán Peres de Andrade o Boo, que mandou pór o seu escudo na igrexa de San Pantaleón de Cabanas, que mandou construír no século XIV. Os oito piñeiros son polas oito parroquias do municipio e pola riqueza forestal do mesmo, que xunto coa cor sinople do campo, simbolizan o medio ambiente e o seu carácter rural.

Lugares de Ourol

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ourol vexa: Lugares de Ourol.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Toponimia de Ourol (en galego)

 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read next

In 39 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article