Osaca ou Osaka (大阪市, おおさかし, Ōsaka-shi) é unha cidade do Xapón e a capital da prefectura de Osaca, a segunda en importancia do país tras a capital Tokyo, cunha poboación de 2.598.774 habitantes (censo do 2000).
Está situada no delta do río Yodo (o que lle da a súa configuración característica de cidade entre canais), xunto a súa desembocadura na profunda baía de Osaca no centro da illa de Honshu.
Como é habitual no Xapón, a cidade ten as súas orixes coa erección dun castelo en 1583. Despoxada de poder político primeiro polas próximas Nara e Kyoto (coas que configura xunto con Kōbe unha megalópole de dezanove millóns de habitantes), e despois por Tokyo, especializouse na actividade comercial e industrial, converténdose por moito tempo no principal centro do país.
En 1970 celebrouse unha Exposición Universal.
División administrativa

O concello de Osaca divídese en 24 barrios (ku 区):
- Abeno-ku (阿倍野区, あべのく).
- Asahi-ku (旭区, あさひく).
- Chūō-ku (中央区, ちゅうおうく).
- Fukushima-ku (福島区, ふくしまく).
- Higashinari-ku (東成区, ひがしなりく).
- Higashisumiyoshi-ku (東住吉区, ひがしすみよしく).
- Higashiyodogawa-ku (東淀川区, ひがしよどがわく).
- Hirano-ku (平野区, ひらのく).
- Ikuno-ku (生野区, いくのく).
- Jōtō-ku (城東区, じょうとうく).
- Kita-ku (北区, きたく).
- Konohana-ku (此花区, このはなく).
- Minato-ku (港区, みなとく).
- Miyakojima-ku (都島区, みやこじまく).
- Naniwa-ku (浪速区, なにわく).
- Nishi-ku (西区, にしく).
- Nishinari-ku (西成区, にしなりく).
- Nishiyodogawa-ku (西淀川区, にしよどがわく).
- Suminoe-ku (住之江区, すみのえく).
- Sumiyoshi-ku (住吉区, すみよしく).
- Taishō-ku (大正区, たいしょうく).
- Tennōji-ku (天王寺区, てんのうじく).
- Tsurumi-ku (鶴見区, つるみく).
- Yodogawa-ku (淀川区, よどがわく).
Economía
- Daikin (ダイキン工業)
- Itochu (伊藤忠商事)
- Nissin Foods (日清食品)
- Sharp (シャープ)
Universidades
- Universidade das ciencias de educación de Osaca (大阪教育大学)
- Universidade da cidade de Osaca (大阪市立大学)
Turismo e lugar de interese
- Sumiyoshi Taisha (住吉大社) - Santuario xintoísta
- Castelo de Ōsaka (大坂城)
- Tsūtenkaku (通天閣) - A torre de Tsūtenkaku é un símbolo de Osaca
- Acuario Kaiyukan - Un dos maiores acuarios do mundo
Cidades irmandadas
Galería de imaxes



Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
