factograf
GL
Sign in

filósofo grego

Onosandro

Key facts

data de falecemento100
ocupaciónfilósofo, escritor
descrito pola fonteNovo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
All data from the card 4
Morte
século I
Ocupación
filósofo, escritor, military writer (en)
Período
Imperio Romano
Descrito pola fonte
Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronРеальный словарь классических древностей по Любкеру

Onosandro (en grego antigo Ὀνόσανδρος, en latín Onosander) foi un filósofo da antiga Grecia que viviu no século I. É coñecido por un comentario sobre A República de Platón, hoxe perdido, e por un traballo sobre tácticas militares titulado Στρατηγικὸς λόγος (Strategikós logos), que se conservou.

Traxectoria

A obra está dedicada a un tal Quinto Veranio, probabelmente Quinto Veranio Nepote, cónsul no 49. Onosandro debeu vivir, pois, a mediados do século I, e no prefacio do seu libro explica que o escribiu en tempo de paz, probabelmente entre os anos 49 e 59. A obra imita con éxito o estilo de Xenofonte, e considérase un libro de referencia para as obras dos emperadores romanos Mauricio (Strategicon) e León VI (Táctica).

Polo xeral suponse que Onosandro sería un soldado, pero nada se sabe da súa vida. Foi discípulo da escola platónica de filosofía e, segundo a Suídas, tamén escribiu unha obra titulada Περὶ στρατηγημάτων, que tampouco se conserva.

Edicións

  • Aeneas Tacticus, Asclepiodotus, and Onosander (en inglés). Loeb Classical Library. 1923. ISBN 0-674-99172-9.
    • Transcrición do texto grego e tradución na web Lacus Curtius

Read next

In 15 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article