factograf
GL

forma de literatura destinada ao espectáculo teatral

Obra de teatro

Obra de teatro

Key facts

instancia deforma literaria, tipo de peza teatral, xénero literario
xénero artísticodrama
descrito pola fonteLiteratura Terminoen Hiztegia

Unha obra de teatro ou obra teatral é unha forma literaria normalmente constituída por diálogos entre personaxes e cunha certa orde. A obra de teatro ocúpana as personaxes, os diálogos, os parágrafos...

Á hora de escenificar a obra, os actores deben respectar o guión teatral, obra dun dramaturgo. O director de escena é o encargado de que a obra se cinga ao guión, así como da dirección das interpretacións.

Historia

En Occidente, as obras de teatro en sentido tradicional teñen a súa orixe estrutural na Antiga Grecia, en concreto nos ditirambos dionisíacos e a produción dos pais da dramaturxia grega: Esquilo, Sófocles, Eurípides e Aristófanes.

No século XVIII, obsérvase unha gran variedade de comedias teatrais. O século XIX viu o nacemento do drama romántico, unha mestura de comedia e traxedia. Isto demostra o actual xénero literario da época, o romance, que se opón ao clasicismo. Convértense en populares o vodevil e o melodrama. A finais dese século xorde o drama realista.

Xéneros

Entre os principais xéneros dramáticos están a comedia, a farsa, o melodrama, a traxedia, a traxicomedia e a peza. Tamén poden incluírse os xéneros musicais como a ópera, a opereta e os musicais, e tamén o ballet e a danza, cando neles aparece unha acción dramatizada.

Read next

In 69 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article