factograf
GL
Sign in

revista numismática

Numismatic Chronicle

Numismatic Chronicle
All data from the card 2
ISSN
0078-2696
OpenAlex
S2764831273

Numismatic Chronicle (NC) é unha revista numismática anual revisada por expertos editada pola Royal Numismatic Society (RNS), de Londres.

Foi fundada en 1836, daquela con nome de The Numismatic Journal, e en 1838 cambiou a súa cabeceira por Numismatic Chronicle. No seu primeiro número, aparecido en 1837, amosaba na súa portada un retrato do numismático austríaco Joseph Hilarius Eckhel.

A revista envíase de xeito gratuíto a todos os membros da RNS. Nela publícanse artigos sobre moedas, fichas comerciais, medallas e papel moeda de todos os períodos e culturas.

Numismatic Chronicle é unha das revistas numismáticas máis citadas.

A consulta dos primeiros 182 números, publicados entre 1837 e 2022, está dispoñible en liña na biblioteca dixital Jstor.

Denominacións da revista

Ao longo da súa historia, a revista cambiou catro veces a súa denominación:

  • 1836-1837: The Numismatic Journal.
  • 1838-1841: The Numismatic Chronicle.
  • 1842-1903: The Numismatic Chronicle and Journal of the Numismatic Society.
  • 1904-1965: The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society.
  • Desde 1966: The Numismatic Chronicle.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Sitio web da revista
  • Consulta en liña en Jstor

Read next

In 2 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article