factograf
GL
Sign in

fabricante de teléfonos móbiles finlandés

Nokia

Nokia

Key facts

data de creación ou fundación12 de maio de 1865
instancia deempresa de capital aberto, negocio, conglomerado
paísFinlandia
director executivoJustin Hotard
descrito pola fonteLentapedia
All data from the card 4
VIAF
311582819
ISNI
0000000123048515
Freebase
/m/05b5c
OpenAlex
I2738502077

Nokia é un fabricante de teléfonos móbiles finlandés, ademais dunha das principais empresas do sector das telecomunicacións. Con sede en Espoo (Finlandia), Nokia é unha das marcas máis coñecidas dentro e fóra da Unión Europea.

Nokia tamén produce infraestrutura para redes de telefonía móbil e outros equipamentos de telecomunicacións para aplicacións como a telefonía tradicional por voz, RDSI, acceso a Internet por banda larga, radio profesional móbil, Voz IP, e unha liña de receptores de satélite.

Historia

Sede de Nokia en Espoo, Finlandia.
Sede de Nokia en Espoo, Finlandia.
Transmisores GSM Nokia.
Transmisores GSM Nokia.
2 images

A actual Nokia é o resultado da fusión de empresas centenarias procedentes de diferentes sectores da industria finlandesa.

Cronoloxía

  • 1865, o enxeñeiro de minas Fredrik Idestam establece unha empresa de industria forestal para a produción de papel no suroeste de Finlandia.
  • 1898, a empresa crea a fábrica procesadora de caucho « Finnish Rubber Works Ltd » na cidade de Nokia e adopta o nome da mesma como a súa marca comercial.
  • 1912, fúndase a « Finnish Cable Works » dedicada á fabricación de cables para a industria de telégrafo e a produción de teléfonos. Esta empresa foi adquirida por Nokia tralo fin da segunda guerra mundial.
  • 1960, créase un Departamento Electrónico na fábrica de cables.
  • 1963, Nokia produce un radioteléfono.
  • 1965, primeiro procesador para os módems de datos.
  • 1967, Nokia Corporación formase oficialmente mediante a fusión de Nokia Company (o negocio orixinal de fabricación de papel) con Finnish Rubber Works e Finnish Cable Works.
  • Anos 1970, Nokia desenvolve a DX 200, unha central telefónica de conmutación dixital.
  • Anos 1980, a primeira rede internacional de telefonía móbil celular, NMT, introdúcese en Escandinavia en 1981 e Nokia fabrica para esta os primeiros teléfonos de uso en automóbiles.
  • 1987, Nokia adquire as operacións de produtos electrónicos e parte dos negocios de compoñentes da German Standard Elektrik Lorenz e a compañía de produtos electrónicos Oceanic de Francia. Ese mesmo ano produce o primeiro ordenador portátil.
  • 1989, Nokia expande a súa industria do cable en Europa adquirindo a compañía de cable NKF dos Países Baixos.

Produtos destacados

Terminal de Nokia para TDT.
Terminal de Nokia para TDT.
  • 3200
  • 5140
  • 5140i
  • 6600
  • 6630
  • 6680
  • 6681
  • 7650
  • Lista de móbiles serie "N"
    • N70
    • N71
    • N72
    • N73
    • N80
    • N90
    • N91
    • N92
    • N93
    • N95.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Sitio web internacional de Nokia

 Este artigo sobre unha organización é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read next

In 106 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article