factograf
GL
Sign in

concello do departamento de Boyacá, Colombia

Nobsa

Nobsa

Key facts

superficie55,39km²
data de creación ou fundación1593
instancia deconcello de Colombia
paísColombia
elevación sobre o nivel do mar2.510m
situado na unidade administrativaProvincia de Sugamuxi
All data from the card 2
OpenStreetMap
11347687
Freebase
/m/02qmcc9

Nobsa é un concello colombiano do departamento de Boyacá, que se atopa na rexión do Alto Chicamocha. Conta, segundo os datos do censo de 2005, cunha poboación de 14.946 habitantes. Nobsa forma parte da provincia do Sugamuxi.

No eido económico, salienta como un importante centro artesanal de Boyacá, destacada principalmente polos seus traballos en la. Tamén destaca pola actividade industrial, polo sector cementeiro e mineiro que opera neste concello.

Fundada en 1593 e declarada municipio en 1811, limita polo norte cos concellos de Santa Rosa de Viterbo e Floresta, polo leste con Corrales e Tópaga, polo oeste con Tibasosa e Santa Rosa de Viterbo e polo sur con Sogamoso e Tibasosa.

Toponimia

Segundo a etimoloxía chibcha, Nobsa quere dicir “nome ilustre de persoa” e ten o carácter equivalente de nobreza na organización muisca.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas

Read next

In 23 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article