factograf
GL

Empresa xaponesa especializada en óptica e material fotográfico

Nikon

Nikon

Key facts

data de creación ou fundación1917
instancia deempresa multinacional, fabricante de cámaras, empresa de capital aberto
paísXapón
All data from the card 3
VIAF
144382861
ISNI
0000000406216187
Freebase
/m/03pmfw

Nikon Corporation é unha empresa xaponesa adicada á fabricación de cámaras fotográficas, prismáticos, microscopios e instrumentos de medición, sendo unha das empresas líderes neste sector.

Historia

A sociedade foi creada en 1917, co nome de Nippon Kōgaku Kōgyō Kabushikigaisha (en xaponés: 日本光學工業株式會社), produto da unión de dúas sociedades líderes no sector da óptica. A empresa especializouse na construción de lentes e instrumentos de precisión para cámaras fotográficas, binóculos, microscopios e instrumentos de medición. Durante a segunda guerra mundial Nikon converteuse en provedora de binóculos, microscopios e outros instrumentos ópticos para o exército xaponés, e creceu ata contar con 19 establecementos industriais e 23 000 empregados. Finalizada a guerra, regresou a súa produción civil, reducíndose a unha soa fábrica e 1 400 empregados.

En 1946 a empresa mudou o seu nome a Nikon, da unión de Nippon Kōgaku (óptica xaponesa) e Ikon.

Fotografía dixital

Nikon creou algunhas das súas primeiras cámaras SLR dixitais para a NASA, utilizadas no transbordador espacial dende 1991. Despois dunha asociación con Kodak na década de 1990 para producir cámaras SLR dixitais baseadas en corpos de cámaras Nikon existentes, en xuño de 1999 a compañía lanzaría baixo a súa marca a Nikon D1.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read next

In 65 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article