Monterroso é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2021 tiña 3.562 habitantes (1771 homes e 1791 mulleres). O seu xentilicio é monterrosina/monterrosino.
Poboación
| Censo total 2019 | 3.667 habitantes |
|---|---|
| Homes | 1.812 |
| Mulleres | 1.804 |

Poboación do núcleo urbano
Poboación do núcleo urbanoFonte: INE Datos Poboación San Miguel de Esporiz.Historia
A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.
No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.
A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.
En Monterroso hai un centro penitenciario para reclusos mozos, na Vacaloura, Penas, a seis quilómetros do centro da vila.
Monterroso na cultura popular
- Refraneiro
- Bestas en pelo, hainas en Monterroso.
- Cantigueiro
- Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ corenta e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo.
- Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ vinte cinco escríbanos/ da cabalo dun raposo.
- Se ti viras o que eu vin/ alá riba en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo.
- Se ti viras o que eu vin / na feira de Monterroso: / vinte cinco xastres xuntos / da cabalo dun raposo.
- Se ti viras o que eu vin/ no monte de Monterroso,/ máis de sesenta mil corvos/ da cabalo dun raposo.
- Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo.
- Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ sete frades dun convento/ dacabalo dun raposo .
- Se viras o que eu vin / na feira de Monterroso, / vintecinco costureiras / dacabalo dun raposo.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Monterroso.
-
Igrexa de San Martiño de Cumbraos -
Praia fluvial.
-
Capela de San Lourenzo de Pedraza. -
Torre e pazo de San Miguel das Penas.
Lugares de Monterroso
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterroso vexa: Lugares de Monterroso.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
- García, Francisco: "A feira de Santos ou a xénese dunha vila", El Progreso, 18 de xullo de 2010.
- Ana Boullón en "O Seminario de Onomástica responde" (Real Academia Galega, 5.06.2023)
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.