factograf
GL
Sign in

concello da comarca do Condado, na provincia de Pontevedra

Mondariz

Mondariz

Key facts

poboación4.456
superficie85,8km²
instancia deconcello de Galicia
paísEspaña
capitalMondariz
elevación sobre o nivel do mar114m
All data from the card 5
Código postal
36870
Código INE
36030
OpenStreetMap
341738
VIAF
143278039
Freebase
/m/09k59d

Mondariz é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2024 tiña 4.425 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mondaricense.

Xeografía

Mondariz ten unha superficie de 85,8 km². Está situado ao suroeste da serra do Suído, no sur da provincia de Pontevedra. Limita ao norte con Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, ao leste con Covelo, ao sur coa Caniza e Salvaterra de Miño, e ao oeste con Mondariz Balneario, Ponteareas e Pazos de Borbén.

Está sucado polo río Tea, que forma un val moi pronunciado. Os seus afluentes máis importantes son pola dereita o Caraño, Alén e o Aboal (tamén chamado Asaar), e pola esquerda o Lougariños e o Xabriña. O cumio máis alto do municipio é o Coto de Eira, de 881 m.

O concello ten 12 parroquias. Dúas delas, Queimadelos e San Martiño de Vilasobroso, son entidades locais menores.

Demografía

Cantidade de poboaciónAno42004400460048005000520054005600200020052010201520202025MondarizEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

En 2024 tiña 4.425 habitantes, pero a poboación está moi diseminada en núcleos reducidos e distantes entre si. As zonas urbanas máis consolidadas son a vila que dá nome ao concello, e San Martiño de Vilasobroso, 4 km ao sur.

Censo total (habitantes) 4.742 (2014)
Menores de 15 anos 467 (9,85 %)
Entre 15 e 64 anos 2.875 (60,63 %)
Maiores de 65 anos 1.400 (29,52 %)
Evolución da poboación de Mondariz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
5.213 6.687 7.093 6.443 5.320 5.259 5.081 4.841 4.800 4.742 4.665 4.647 4.548 4.496 4.440 4.410 4.394 4.448 4.444 4.425
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Na Idade Moderna as terras pertencían ao señorío de Sobroso. O marquesado de Sobroso foi concedido por Filipe IV de España o 18 de maio de 1625. Durante o reinado de Afonso XIII, os veciños da parroquia de San Martiño de Vilasobroso solicitaron constituírse como entidade local menor, sendo recoñecida como tal polo pleno municipal o 13 de setembro de 1924.

A parroquia de Queimadelos solicitou constituírse como ELM durante a II República, sendo recoñecida o 21 de febreiro de 1935.

Cultura

Ponte de Cernadela.
Ponte de Cernadela.

Toponimia

O topónimo Mondariz semella ter orixe xermánica. Porén, existen varias hipóteses sobre a súa orixe:

  • antropónimo xermano en xenitivo Munderici;
  • Mondariz < composto “monte + de + antropónimo xermano en xenitivo Alarici”; ou
  • Mondariz < composto “monte + de + topónimo prerromano en xenitivo Ariti”.

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Castelo de Sobroso
Artigo principal: Castelo de Sobroso.

O castelo de Sobroso está xunto ao monte Landín, nas inmediacións do concello de Ponteareas que ten a súa propiedade. Desde el divísase o sur do Condado e o val do río Miño alén da fronteira con Portugal. Ten a súa orixe no século XII, en 1130.

Ponte románica de Cernadela
Artigo principal: Ponte de Cernadela.

Está situada na parroquia de Riofrío, no lugar de Cernadela, sobre o río Tea. A construción servía de paso cara ás diferentes feiras. Augas arriba existe unha praia fluvial.

Escudo

Sobre cartela, escudo medio partido e cortado: 1º: En campo de prata unha fonte de ouro aclarada de azur. 2º: En campo de azur un monte de sinople, sumado todo el dunha muralla de ouro mazonada, sumada pola sinistra da torre e outra muralla. 3º: En campo de azur unha ponte de tres arcos apuntados. Acolado da cruz de Santiago. Ó timbre coroa real pechada.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Mondariz.

Lugares de Mondariz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz vexa: Lugares de Mondariz.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bouza Brey, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • Lorenzo Fernández, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
  • Risco, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Outros artigos


 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read next

In 44 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article