factograf
GL

Personaxe de ficción da Disney, a moza de Mickey Mouse

Minnie Mouse

Minnie Mouse

Key facts

data de creación ou fundación18 de novembro de 1928
instancia derato antropomórfico, personaxe de banda deseñada, personaxe de videoxogo
ocupaciónpersoal de mantemento
distinciónestrela no Paseo da Fama de Hollywood
All data from the card 2
VIAF
308229531
Freebase
/m/0k5mc

Minnie Mouse é unha personaxe do mundo ficticio da Disney (estudios Walt Disney Pictures). Unha ratiña que pertence ao Universo de Mickey Mouse, o seu namorado. Creouse en 1928 polo mesmo Walt Disney.

Steamboat Willie

Fai todo polo seu namorado, o rato Mickey, co que estivo dende o comezo. Debutou en Plane Crazy, o 15 de maio de 1928, aínda que acadou o éxito xunto a Mickey no terceiro episodio de ambos os dous, Steamboat Willie (1928). No episodio, despois de discutir Mickey co gato Pete na ponte dun barco fluvial no que estaba empregado, avista a Minnie no peirao. Mickey consegue "pescar" a Minnie cun gancho e tráena a bordo. Ao chegaren a porto, desembarcan cos animais de granxa que o barco levaba, usándoos como instrumentos musicais e cos que improvisan a canción "Turkey in the Straw" (O perú na palla).

Minnie é tamén amiga da vaca Clarabela (Clarabelle Cow) e da parrula Daisy (a moza de Donald). E aparece como unha personaxe regular no programa de televisión House of mouse. Apareceu en diversos debuxos animados.

Primeira aparición

A súa primeira historieta en banda deseñada foi "Lost on a Desert Island", publicada en xaneiro de 1930, nos Estados Unidos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Minnie Mouse Arquivado 20 de abril de 2014 en Wayback Machine.
  • Relevopedia - Minnie Mouse

Read next

In 78 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article