factograf
GL
Sign in

cantante estadounidense

Mike Patton

Mike Patton

Key facts

data de nacemento27 de xaneiro de 1968
educado enEureka High School
ocupaciónactor de dobraxe, cantautor, músico de jazz
lugar de nacementoEureka
obra salientableAdult Themes for Voice
xénero artísticometal alternativo
All data from the card 10
Nacemento
27 de xaneiro de 1968 (58 anos)Eureka
Educación
Eureka High School California State Polytechnic University, Humboldt (en)
Ocupación
actor de dobraxe, produtor musical, guitarrista, artista discográfico, actor, beatboxer, vocalista, compositor, cantautor, músico de jazz, músico
Período de actividade
1985 -
Membro de
Faith No More (1989–)Mr. Bungle Dead Cross Kaada/Patton (en) Maldoror Peeping Tom Fantômas (grupo musical) Tomahawk (banda) (pt) Lovage (pt)
Xénero artístico
Metal alternativo, Avant-garde metal, funk metal, rap metal, rock experimental, Fusion, rock alternativo, música vangardista e arte pop
Tesitura
Barítono leggero (pt)
Instrumento
Sampler e voz
Selo discográfico
Ipecac Recordings Warner Bros. Records Slash Records Tzadik Records (en) Warner Music Group Reclamation! Recordings (en)
Compañeiro profesional
Masami Akita: Maldoror


Michael Allan Patton, nado en Eureka (California) o 27 de xaneiro de 1968, é un vocalista, compositor, multi-instrumentista, produtor e actor estadounidense, coñecido por ser o cantante da banda de metal alternativo Faith No More. Tamén foi fundador e vocalista de Mr. Bungle, e tocou con Tomahawk, Fantômas, Dead Cross, Lovage, The Dillinger Escape Plan e Peeping Tom.

Coñecido polas súas eclécticas influencias e proxectos experimentais, Patton gañouse a aclamación da crítica pola súa diversa colección de técnicas vocais. VVN Music descubriu que Patton posúe o rango vocal máis amplo de calquera cantante coñecido da música popular, cunha amplitude de seis oitavas. Ademais foi produtor ou co-produtor de artistas como John Zorn, Sepultura, Melvins, Melt-Banana e Kool Keith. En 1999 cofundou o selo Ipecac Recordings xunto con Greg Werckman, e dende entón encárgase de dirixilo. O vasto número de proxectos musicais de Patton e as súas xiras constantes levaron a que fose amplamente identificado como un "adicto ao traballo".

Premios

Patton foi recoñecido con 3 nomeamentos aos premio Grammy, dentro da categoría a mellor interpretación de Metal ou Hard Rock (1990, 1991, 1993): Coa súa banda Faith No More.

No ano 1990 recolleu o Disco de Platino nos Estados Unidos. O álbum The Real Thing de Faith No More foi certificado Platino pola RIAA (Recording Industry Association of America) superando o millón de copias vendidas.

Máis tarde aceptaría o premio a "Mellor Vocalista" nos Loudwire Music Awards (2015): O xurado fallaría o premio que recoñeceu a súa longa e innovadora carreira musical.

Ligazóns externas

  • "Corpse Flower" en youtube, canción composta por Patton no 2019 e publicada ese mesmo ano por Ipecac Recordings

Read next

In 31 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article