factograf
GL
Sign in

baloncestista estadounidense

Mike Bibby

Mike Bibby

Key facts

data de nacemento13 de maio de 1978
altura185cm
educado enUniversidade de Arizona
ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto
lugar de nacementoCherry Hill
masa86 kg
All data from the card 13
Nacemento
13 de maio de 1978 (48 anos)Cherry Hill
Educación
Universidade de Arizona Shadow Mountain High School (en)
Altura
185 cm
Peso
86 kg
Ocupación
baloncestista, adestrador de baloncesto
Período de actividade
1998 - 2012
Nacionalidade deportiva
Estados Unidos
Deporte
baloncesto
Liga
Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogo
Base
Convocado por
Vancouver Grizzlies
Pai
Henry Bibby
Sitio web
mikebibby.com

Michael "Mike" Bibby, nado o 13 de maio de 1978 en Cherry Hill, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre. É un base que foi ao Shadow Mountain High School en Phoenix (Arizona) e despois xogou cos Wildcats da Universidade de Arizona. En 1998, foi elixido no Draft polos Vancouver Grizzlies. Xogou, ademais dos Grizzlies, cos Sacramento Kings, Atlanta Hawks, Washington Wizards e Miami Heat.

Universidade

Coma freshman en Arizona, Bibby liderou aos Wildcats ao campionato da NCAA en 1997, anotando 20 puntos no partido polo título contra Kentucky. Despois da súa tempada coma sophomore, Bibby entrou no Draft da NBA de 1998 e foi elixido polos Memphis Grizzlies na 2ª posición.

NBA

Vancouver Grizzlies

Na súa primeira tempada cos Grizzlies, Bibby acadou 13.2 puntos, 6.5 asistencias e 2.7 rebotes por partido, sendo así incluído no primeiro equipo de rookies da NBA, na tempada do lockout. Mellorou eses números nas seguintes dúas tempadas co equipo, facendo 14.5 e 15.9 puntos por partido respectivamente, pero os Grizzlies seguían con dificultades. O 27 de xuño de 2001, xusto antes de que os Grizzlies se marcharan a Memphis, Bibby e Brent Price foron traspasados aos Sacramento Kings a cambio de Jason Williams e Nick Anderson.

Sacramento Kings

Na tempada 2001-02, Bibby guiou aos Kings ás Finais da Conferencia Oeste, onde perderon contra Los Angeles Lakers. A actuación de Bibby nas series, quizais o máis memorable foi o seu lanzamento gañador no 5º partido, deulle a reputación de xogador forte e loitador, e coma premio, asinou un contrato por 7 anos con valor de 80.5 millóns de dólares.

Na tempada 2002-03, Bibby foi castigado polas lesións, xogando só en 55 partidos, pero aínda así acadou 15.9 puntos por partido, e os Kings obtiveron unha marca de 59-23, e conseguiron a segunda praza no Oeste. Na tempada 2003-04, Bibby acadou uns dos mellores números da súa carreira, anotando 1.506 puntos (18.4 por partido) e axudando aos Kings a chegar aos Playoffs. Bibby axudou aos Kings a gañar aos Dallas Mavericks na primeira rolda, anotando 36 puntos, a súa mellor marca de anotación nos playoffs, no 5º partido.

Atlanta Hawks

O 16 de febreiro de 2008, os Atlanta Hawks obtiveron a Bibby a cambio de Shelden Williams, Anthony Johnson, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha elección da segunda rolda do Draft da NBA de 2008.

A pesar das lesións que tivo, Bibby fixo 14.1 puntos e 6.6 asistencias por partido, traballando cun ataque pouco familiar, para liderar aos Hawks a xogar os seus primeiros Playoffs en case dez anos.

O 7 de xullo de 2009, Bibby e os Hawks acordaron un contrato por 3 anos cun valor de 18 millóns de dólares.

Washington Wizards

O 23 de febreiro de 2011, Atlanta traspasou a Bibby aos Washington Wizards, xunto con Jordan Crawford, Maurice Evans e unha elección da primeira rolda do Draft de 2011, a cambio de Kirk Hinrich e Hilton Armstrong. O 28 de febreiro de 2011, Bibby acordou o fin de seu contrato, onde el mesmo pagaría o salario de 6.2 millóns do seu último ano, e foise dos Wizards. Xogou tan só dous partidos co equipo.

Miami Heat

O 2 de marzo de 2011, os Miami Heat ficharon a Bibby, tras cortar a Carlos Arroyo para facerlle oco no equipo.

New York Knicks

O 11 de decembro de 2011, asinou un contrato cos New York Knicks.

Read next

In 34 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article