Meta é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase na rexión central do país, e a súa capital é a cidade de Villavicencio, o principal centro urbano da Orinoquía colombiana e a tan só 89,9 quilómetros ó sur de Bogotá, a capital do país. O departamento do Meta é un dos máis extensos de Colombia, cunha área de 85 770 km², que equivalen ó 7,5% do territorio nacional, e posúe unha gran riqueza hídrica por mor dos numerosos afluentes do río Orinoco que cruzan o departamento e que nacen na Cordilleira Oriental.
Demografía
Gráfica de evolución de Meta, Colombia entre 1912 e 2023 Poboación segundo o censo. Poboación segundo proxeccións.Fonte: Statoids. DANE.
Composición étnica
- Mestizos e brancos (96,1%)
- Afrocolombianos (2,6%)
- Indíxenas (1,3%)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en castelán)
