factograf
GL

Mena Suvari

Mena Suvari
All data from the card 6
Nacemento
(en) Mena Alexandra Suvari 13 de febreiro de 1979 (47 anos)Newport
Educación
Rocky Hill School (en) Providence High School (en) Ashley Hall (en)
Ocupación
actriz, actriz de cinema, actriz de dobraxe, modelo, actriz de televisión, deseñadora de moda
Período de actividade
1995 -
Cónxuxe
Simone Sestito (2010–2012)Robert Brinkmann (2000–2005)
Pai
Ando Suvari

Mena Alexandra Suvari, nada en Newport o 13 de febreiro de 1979, é unha actriz e modelo estadounidense. Pouco despois de comezar a súa carreira de modelo, Suvari comezou a aparecer en pequenos papeis de televisión en emisións como Boy Meets World e High Incident.

O seu primeiro filme foi o drama Nowhere (1997). Acadou a fama internacional polo seu papel de Angela Hayes en American Beauty e como Heather Gardner en American Pie (ámbolos dous de 1999). Retomou o seu papel de Heather en American Pie 2 (2001) e American Reunion (2012). Tamén apareceu en The Rage: Carrie 2 (1999), Loser (2000), Sugar & Spice (2001), Spun (2002), Trauma (2004) e na serie da HBO Six Feet Under (2001–05). Suvari é modelo para Lancôme e aparece en anuncios de Lancôme Paris Adaptîve, ademais de saír en varias revistas e blogs de moda, como Vogue.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read next

In 55 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article