factograf
GL
Sign in

Madison Square Garden

Madison Square Garden

Key facts

instancia derecinto multiusos
paísEstados Unidos
situado na unidade administrativaManhattan
descrito pola fonteThe New Student's Reference Work
All data from the card 3
Código postal
10001
VIAF
304430167
Freebase
/m/0j_66

O Madison Square Garden é un pavillón multiúsos sito na illa de Manhattan, na cidade de Nova York, Estados Unidos. O actual MSG ou Garden foi construído sobre o antigo recinto (1925 - 1968) do mesmo nome, e inaugurado o 11 de febreiro de 1968. Dende entón converteuse no principal centro de eventos da cidade dos rañaceos.

NBA e NHL

Interior do Garden nun encontro dos Rangers.
Interior do Garden nun encontro dos Rangers.

O Garden acolle os encontros dos New York Knicks da NBA, e dos New York Rangers da NHL. Actualmente é o pavillón mais antigo na NHL e o segundo mais antigo da NBA. A capacidade é de 19.763 persoas para encontros de baloncesto, e de 18.200 para encontros de hóckey sobre xeo.

Boxeo

Ademais de encontros de baloncesto e hóckey sobre xeo, o Madison Square Garden ten acollido moitos dos combates de boxeo máis importantes das últimas décadas, nos que teñen boxeado campións como Muhammad Ali, Joe Frazier, Evander Holyfield, Lennox Lewis, Mike Tyson, Vitali Klitschko, George Foreman etc. A capacidade do pavillón para eses eventos é de 20.789 persoas.

Concertos

Outra das actividades importantes que se levan a cabo no Garden son os concertos. Trátase do terceiro recinto mundial polo número de entradas vendidas para actuación musicais, só por detrás do O2 Arena de Londres e do MEN Arena de Manchester.

Nel teñen actuado artistas como Shawn Mendes, The Beatles, Led Zeppelin, Elvis Presley, Michael Jackson, The Rolling Stones, Metallica, Bon Jovi, Queen, AC/DC, Guns N' Roses, Oasis, Lady Gaga, Madonna, Britney Spears, Spice Girls, U2, Deep Purple, Pink Floyd, Justin Bieber, etc...

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Páxina oficial do Garden (en inglés)

Read next

In 56 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article