factograf
GL

Liña Curzon

Liña Curzon

A liña Curzon foi unha proposta de fronteira entre Polonia e a Unión Soviética. Debe o seu nome ao Secretario de Estado de Asuntos Exteriores do Reino Unido, Lord Curzon, quen a propuxo como unha probable fronteira de tregua durante a guerra ruso-polaca de 1919–1920 (8 de decembro de 1919). Debía servir de base para as negociacións entre as dúas nacións enfrontadas.

Tras a derrota soviética fronte a Varsovia a mediados de agosto de 1920, o seu proxecto non foi aceptado, e o último tratado de paz de 1921 (18 de marzo de 1921) concedeulle a Polonia case 135.000 km² de territorio cara ao leste de dito confín.

A liña partía de Hrodna no norte, até Brest para seguir logo o curso do Bug e terminar nos Cárpatos.

Na segunda guerra mundial, a URSS reavivou a proposta liña divisoria, esixindo a volta de todo o territorio cedido. En 1945, un tratado soviético-polaco fixou como fronteira entre ambas nacións un límite equivalente ao da liña Curzon.

Read next

In 44 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article