factograf
GL
Sign in

Letrismo

Letrismo

Key facts

data de creación ou fundación1945
instancia demovemento artístico
descrito pola fonteMetropolitan Museum of Art Tagging Vocabulary
All data from the card 1
Freebase
/m/01h2l4

O letrismo foi un movemento poético de vangarda. O seu creador, o poeta romanés Isidore Isou, publicou en 1945 un manifesto, no que traballara desde 1942, no que propugnaba un novo tipo de poesía atento só ao valor sonoro das palabras, non ao seu significado. Este manifesto comezou a circular no seu país natal, chegando máis tarde a París, onde o letrismo vería o seu maior desenvolvemento.

Historia

Terminoloxía

O termo fai referencia á importancia das letras e os fonemas máis que á súa semántica. Tamén é empregado en referencia á rotulación de letras.

Referencias e desenvolvemento

O letrismo foi unha continuación de movementos artísticos anteriores, como o futurismo ruso, o futurismo italiano e o dadaísmo. Os seus cultistas crearon construcións sonoras nas que só se tiña en conta o valor estético das palabras, sílabas ou mesmo onomatopeas sen valor imitativo, achegando así a poesía á música. Máis tarde, os cultistas do letrismo intentaron que o seu movemento abarcase todas as artes.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hugo Bernard, Monsinjon, Eric; Sabatier Roland; (ed.). "Site officiel du Lettrisme" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016.
  • Souriau, Étienne (1998). Diccionario Akal de Estética. Madrid: Akal. p. 735. ISBN 8446008327.

Outros artigos

Ligazóns externas


 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Read next

In 29 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article