O KP Legia Warszawa é un club profesional de fútbol da cidade de Varsovia, en Polonia, fundado en marzo de 1916 durante a primeira guerra mundial como equipo dos lexionarios polacos, de aí o seu nome. Trala guerra quedou como equipo oficial do exército. En 1927 foi un dos 14 equipos fundadores da primeira edición da liga polaca, competición na que acadou o seu primeiro título en 1955. Na actualidade é un dos equipos punteiros do fútbol polaco, 1º na clasificación histórica da Ekstraklasa, con 8 títulos de liga no seu palmarés, 14 títulos de copa, 4 de supercopa e 1 de copa da liga. Nas competicións europeas acadou os seus mellores resultados en 1970 e 1991, disputando as semifinais da Copa de Europa 1969-70 e as semifinais da Recopa de Europa 1990-91.
O Legia disputa os seus encontros como local no Stadion Wojska Polskiego, chamado así por razóns de patrocinio. O recinto foi inaugurado en 1930 e totalmente reconstruído entre 2008 e 2011. A capacidade do estadio trala reconstrución é de 31.000 espectadores, todos sentados.
Palmarés
- Liga Polaca (15) = 1955, 1956, 1968-69, 1969-70, 1993-94, 1994-95, 2001-02, 2005-06, 2013, 2014, 2016, 2017, 2018, 2020, 2021
- Copa Polaca (18) = 1955, 1956, 1964, 1966, 1973, 1980, 1981, 1989, 1990, 1994, 1995, 1997, 2008, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016
- Supercopa Polaca (4) = 1989, 1994, 1997, 2008
- Copa da Liga Polaca (1) = 2002
Cadro de xogadores

No cadro de xogadores que compoñen o equipo salienta o galego Nacho Novo, que asinou co equipo polaco o 16 de febreiro de 2012.
| Nº | Posto | País | Xogador |
|---|---|---|---|
| 1 | POR | Marijan Antolović | |
| 2 | DEF | Artur Jędrzejczyk | |
| 3 | MED | Albert Bruce | |
| 4 | DEF | Dickson Choto | |
| 5 | MED | Janusz Gol | |
| 6 | DEF | Michał Żewłakow | |
| 7 | DIA | Michal Hubník | |
| 9 | DIA | Nacho Novo | |
| 11 | DEF | Tomasz Kiełbowicz | |
| 12 | POR | Dušan Kuciak | |
| 14 | DEF | Jakub Wawrzyniak | |
| 15 | DEF | Iñaki Astiz | |
| 18 | DIA | Michał Kucharczyk | |
| 20 | MED | Jakub Kosecki | |
| 21 | MED | Ivica Vrdoljak (Cap) |
Algúns dos xogadores mais salientables que defenderon as cores do Legia ó longo da súa historia son Kazimierz Deyna (Balón de Bronce en 1974), Ernst Pohl (máximo goleador histórico da liga polaca), Lucjan Brychczy (2º máximo goleador histórico da liga polaca) e Michał Żewłakow (xogador polaco con máis encontros coa súa selección nacional).
.jpg?width=1280)