Kyle Joseph Guy, nado o 11 de agosto de 1997 en Indianapolis, Indiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Lenovo Tenerife da Liga ACB. Mide 1,85 metros de altura, e xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional
Guy foi elixido na 55ª posición do Draft da NBA de 2019 polos New York Knicks antes de ser traspasado ós Sacramento Kings. Asinou un contrato cos Kings o 7 de xullo de 2019. Guy debutou na NBA o 10 de xaneiro de 2020 contra os Milwaukee Bucks.
O 30 de decembro de 2021, Guy asinou un contrato de dez días cos Miami Heat. O 10 de xaneiro de 2022, asinou un segundo contrato de dez días cos Heat. O 17 de xaneiro de 2022, asinou un contrato cos Heat e o seu afiliado na NBA G League, os Sioux Falls Skyforce. O 24 de marzo de 2022, foi cortado polos Heat.
O 22 de xullo de 2022, Guy asinou por unha tempada co Joventut Badalona da Liga ACB.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 22 de xuño de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
