factograf
GL
Sign in

KH-11

KH-11

KH-11 (Keyhole-11) ou Kennan, tamén denominados Crystal, son unha serie de satélites de recoñecemento electroópticos de alta resolución operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos.

Historia

Os KH-11 son os primeiros satélites de recoñecemento estadounidenses electroópticos de alta resolución, usando imaxes dixitais e retransmitíndoas case en tempo real. Substitúen aos satélites KH-8 e KH-9.

Crese que os satélites usan un espello primario de 2,4 m de diámetro, o que proporciona unha resolución teórica de 15 cm a nivel do solo. As primeiras unidades usarían posiblemente detectores de fotodiodo, mentres que posteriormente pasaríase a usar detectores CCD. Os satélites teñen tamén certa capacidade de detección de sinais electrónicas. Os satélites son fabricados por Lockheed Martin e teñen masas entre 13.500 e 17.000 kg. Os KH-11 retransmiten os seus datos a través do sistema de satélites de comunicacións SDS.

Lanzáronse 17 KH-11 mediante foguetes Titan 3D, Titan 34D, Titan 4 e Delta 4 entre 1976 e 2019, cun lanzamento fallado.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador Notas
KH-11 1 19 de decembro de 1976 Titan-3D Éxito
KH-11 2 14 de xuño de 1978 Titan-3D Éxito
KH-11 3 7 de febreiro de 1980 Titan-3D Éxito
KH-11 4 3 de setembro de 1981 Titan-3D Éxito
KH-11 5 17 de novembro de 1982 Titan-3D Éxito
KH-11 6 4 de decembro de 1984 Titan-34D Éxito
KH-11 7 28 de agosto de 1985 Titan-34D Fracaso
KH-11 8 26 de outubro de 1987 Titan-34D Éxito
KH-11 9 6 de novembro de 1988 Titan-34D Éxito
KH-11 10 28 de novembro de 1992 Titan-4(04)A Éxito
KH-11 11 5 de decembro de 1995 Titan-4(04)A Éxito
KH-11 12 20 de decembro de 1996 Titan-4(04)A Éxito
KH-11 13 5 de outubro de 2001 Titan-4(04)B Éxito
KH-11 14 19 de outubro de 2005 Titan-4(04)B Éxito
KH-11 15 20 de xaneiro de 2011 Delta-4H Éxito
KH-11 16 28 de agosto de 2013 Delta-4H Éxito
KH-11 17 19 de xaneiro de 2019 Delta-4H Éxito
KH-9 18 20 de xuño de 1983 Titan-34D Éxito
KH-9 19 25 de xuño de 1984 Titan-34D Éxito
KH-9 20 18 de abril de 1986 Titan-34D Fracaso

Véxase tamén

Read next

In 10 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article