Eleanro Geisman, nada no Bronx o 7 de outubro de 1917 e finada en Ojai, California, o 8 de xullo de 2006, foi unha actriz estadounidense, coñecida como June Allyson, unha das actrices máis populares das décadas de 1940 e 1950.
Traxectoria
Nada en Nova York, non pasou unha infancia doada. En abril de 1918 (cando Allyson tiña seis meses), o seu pai alcohólico, que traballaba de conserxe, abandonou a familia. Allyson quedou na pobreza, vivindo cos seus avós maternos. A súa nai traballaba como telefonista e caixeira de supermercado e cando tiña cartos abondos reuníase coa súa filla. Porén, habitualmente Allyson estaba cos seus avós ou outros parentes. Aos oitos anos, unha póla caeu sobre ela mentres montaba no seu triciclo co seu can. Ela sufriu fracturas moi graves e o can morreu. Ata os doce anos tivo que realizar rehabilitación con terapias de natación e baile.
O seu primeiro papel foi como "inxenua" para Educational co cantante Lee Sullivan, os bailaríns cómicos Herman Timberg, Jr. e Pat Rooney, Jr., e a futura estrela Danny Kaye nunha serie de curtametraxes, incluídas Swing for Sale (1937), Pixilated (1937), Ups and Downs (1937), Dime a Dance (1938), Dates and Nuts (1938) e Sing for Sweetie (1938).
Debutou en Broadway en 1938 como corista na obra Sing Out the News aos vinte anos e en 1943 apareceu no filme Best Foot Forward. A súa carreira tivo grandes éxitos musicais como Thousands Cheer and Good News! (1947), e asinou un importante contrato con Metro Goldwyn Mayer que en 1949 a levou a interpretar entre outros filmes o papel de "Jo" March no filme Little Women, baseado no libro homónimo de Louisa May Alcott, que foi un grande éxito. Allyson era experta en chorar cando lle daban pé e moitos dos seus filmes incluían unha escena de bágoas. A súa colega en MGM Margaret O'Brien dixo que ela e Allyson eran chamadas "as choronas da vila". Posteriormente dixo "chorei unha vez nun filme e dixeron 'fagámolo outra vez'. E chorei o resto da miña carreira".
A partir da década de 1950 interpretou especialmente o papel de rapaza sensible e bondadosa, que lle permitiu destacar en filmes como The Girl in White (1952), The Glenn Miller Story (1954) ou Woman's World (1954), de Jean Negulesco. En 1951 gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia polo seu papel no filme Too Young to Kiss, en que interpretaba unha nena prodixio e a súa irmá máis vella.
A serie The DuPont Show with June Allyson (1959–60) tivo dúas temporadas na CBS e foi descrita por Allyson como "a cousa máis dura que fixen nunca". Tamén apareceu en programas como Zane Grey Theater, The Dick Powell Theatre e Burke's Law antes de retirarse varios anos tras enviuvar en 1963.
Faleceu debido a un fallo respiratorio.
Vida persoal
Cando chegou a Hollywood, os directivos do estudio intentaron emparellala con Van Johnson obrigándoos a ter unha serie de "citas oficiais" moi publicitadas. Aínda que tivo citas con David Rose, Peter Lawford e John F. Kennedy, Allyson estaba en realidade saíndo con Dick Powell, trece anos máis vello ca ela e que estivera casado con Mildred Maund e Joan Blondell.
O 19 de agosto de 1945, Allyson provocou o enfado de Louis B. Mayer ao casar con Powell. O matrimonio tivo dous fillos, Pamela Allyson Powell (adoptada en 1948) e Richard Powell, Jr., nado o 24 de decembro de 1950. A mediados da década de 1950 Allyson tivo un romance co actor Alan Ladd.
Allyson solicitou o divorcio de Powell en 1961 por mor da obsesión polo traballo del. En febreiro dese ano recibiu 2,5 millóns de dólares e a custodio dos seus fillos. Porén, antes de que se consolidase o divorcio reconciliáronse e permaneceron casados ata a morte de Powell o 2 de xaneiro de 1963. A perda de Powell levou a Allyson a beber demasiado. En 1963 ía fuxir co barbeiro do seu marido, Glenn Maxwell, mais finalmente decidiu non facelo. Ela e Maxwell casaron posteriormente e divorciáronse para volver a casar e divorciarse máis adiante.
En 1976, Allyson casou con David Ashrow, dentista convertido en actor co que actuou ocasionalmente en teatros e nas xiras do transatlántico Royal Viking Sky.
Filmografía
| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 1937 | Swing for Sale | Curtametraxe | |
| 1937 | Pixilated | Curtametraxe | |
| 1937 | Ups and Downs | June Daily | Curtametraxe |
| 1937 | Dime a Dance | Harriet | Curtametraxe |
| 1937 | Dates and Nuts | Wilma Brown, Herman's girl | Curtametraxe |
| 1938 | Sing for Sweetie | Sally Newton | Curtametraxe |
| 1938 | The Prisoner of Swing | Princess | Curtametraxe |
| 1938 | The Knight Is Young | June | Curtametraxe |
| 1939 | Rollin' in Rhythm | Curtametraxe | |
| 1940 | All Girl Revue | Mayor | Curtametraxe |
| 1943 | Best Foot Forward | Ethel | |
| 1943 | Girl Crazy | Specialty Singer | |
| 1943 | Thousands Cheer | Specialty Singer | |
| 1944 | Two Girls and a Sailor | Patsy Deyo | |
| 1944 | Meet the People | Annie | |
| 1944 | Music for Millions | Barbara Ainsworth | |
| 1945 | Her Highness and the Bellboy | Leslie Odell | |
| 1945 | The Sailor Takes a Wife | Mary Hill | |
| 1946 | Two Sisters from Boston | Martha Canford Chandler | |
| 1946 | Till the Clouds Roll By | Jane Witherspoon/Lou Ellen Carter | Segmentos Leave It to Jane e Oh, Boy! |
| 1946 | The Secret Heart | Penny Addams | |
| 1947 | High Barbaree | Nancy Frazer | |
| 1947 | Good News | Connie Lane | |
| 1948 | The Bride Goes Wild | Martha Terryton | |
| 1948 | The Three Musketeers | Constance Bonacieux | |
| 1948 | Words and Music | Alisande La Carteloise | |
| 1949 | Little Women | Josephine "Jo" March | |
| 1949 | The Stratton Story | Ethel | |
| 1950 | The Reformer and the Redhead | Kathleen Maguire | |
| 1950 | Right Cross | Pat O'Malley | |
| 1951 | Too Young to Kiss | Cynthia Potter | |
| 1952 | The Girl in White | Dr. Emily Barringer | |
| 1953 | Battle Circus | Tte. Ruth McCara | |
| 1953 | Remains to Be Seen | Jody Revere | |
| 1954 | The Glenn Miller Story | Helen Burger Miller | |
| 1954 | Executive Suite | Mary Blemond Walling | |
| 1954 | Woman's World | Katie Baxter | Tamén coñecido como A Woman's World |
| 1955 | Strategic Air Command | Sally Holland | |
| 1955 | The Shrike | Ann Downs | |
| 1955 | The McConnell Story | Pearl "Butch" Brown | |
| 1956 | The Opposite Sex | Kay Hilliard | |
| 1956 | You Can't Run Away from It | Ellen "Ellie" Andrews | |
| 1957 | Interlude | Helen Banning | Tamén coñecido como Forbidden Interlude |
| 1957 | My Man Godfrey | Irene Bullock | |
| 1959 | A Stranger in My Arms | Christina Beasley | Tamén coñecido como And Ride a Tiger |
| 1972 | They Only Kill Their Masters | Mrs. Watkins | |
| 1978 | Blackout | Mrs. Grant | |
| 2001 | A Girl, Three Guys, and a Gun | Joey's Grandma |
Véxase tamén
Bibliografía
- Allyson, June. June Allyson's Feeling Great: A Daily Dozen Exercises for Creative Aging. Nova York: Da Capo Press, 1987. ISBN 978-0-88496-257-1
- Basinger, Jeanine. The Star Machine. Nova York: Knopf, 2007. ISBN 978-1-4000-4130-5
- Becker, Christine. It's the Pictures That Got Small: Hollywood Film Stars on 1950s Television (Wesleyan Film). Indianapolis, Indiana: Wesleyan, 2009. ISBN 978-0-8195-6894-6
- Davis, Ronald L. Van Johnson: MGM's Golden Boy (Hollywood Legends Series). Jackson, Mississippi: University Press of Mississippi, 2001. ISBN 978-1-57806-377-2.
- Eyman, Scott. Lion of Hollywood: The Life and Legend of Louis B. Meyer. Nova York: Simon & Schuster, 2005. ISBN 978-0-7432-0481-1
- Fordin, Hugh. M-G-M's Greatest Musicals. Nova York: Da Capo Press, 1996. ISBN 978-0-306-80730-5
- Hirschhorn, Clive. The Hollywood Musical. Londres: Pyramid Books, 1991, primeira edición de 1981. ISBN 978-1-85510-080-0
- Kennedy, Matthew. Joan Blondell: A Life between Takes (Hollywood Legends Series). Jackson, Mississippi: University Press of Mississippi, 2007. ISBN 978-1-57806-961-3
- Milner, Jay Dunston. Confessions of a Maddog: A Romp through the High-flying Texas Music and Literary Era of the Fifties to the Seventies. Denton, Texas: University of North Texas Press, 1998. ISBN 978-1-57441-050-1
- Mormon, Robert. Demises of the Distinguished. Bloomington, Indiana: AuthorHouse, 2007. ISBN 978-1-4343-1546-5
- Parish, James Robert e Michael R. Pitts. Hollywood Songsters: Singers Who Act and Actors who can Sing. Londres: Routledge, 2003. ISBN 978-0-415-94332-1
- Wayne, Jane Ellen. The Golden Girls of MGM: Greta Garbo, Joan Crawford, Lana Turner, Judy Garland, Ava Gardner, Grace Kelly and Others. Nova York: Carroll & Graf Publishers, 2002. ISBN 978-0-7867-1117-8
- Wayne, Jane Ellen. The Leading Men of MGM. Nova York: Da Capo Press, 2006. ISBN 978-0-7867-1768-2
Ligazóns externas
- Páxina oficial
- Joe Daurril's Allyson Without Tears Arquivado 11 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- Obituary in the Los Angeles Daily News
- Obituario en The New York Times (11 de xullo de 2006)
- Photographs and literature Arquivado 26 de outubro de 2006 en Wayback Machine.
