factograf
GL

Juana Inés de la Cruz

Juana Inés de la Cruz

Key facts

data de nacemento12 de novembro de 1651
data de falecemento17 de abril de 1695
orde relixiosamonxas da Orde de San Xerome
ocupaciónpoeta, relixiosa católica, escritor
lugar de nacementoNepantla de Sor Juana Inés de la Cruz
lugar de falecementoCidade de México
All data from the card 11
Nacemento
12 de novembro de 1651 Nepantla de Sor Juana Inés de la Cruz
Morte
17 de abril de 1695 (43 anos)Cidade de México
Causa da morte
epidemia
Lugar de sepultura
Cidade de México
Relixión
Catolicismo
Campo de traballo
Poesía
Lugar de traballo
Cidade de México Convento de San Xerome
Ocupación
poetisa, compositora, dramaturga, monxa de clausura, filósofa, escritora, matemática, relixiosa católica, monxa
Movemento
Barroco
Orde relixiosa
Monxas da Orde de San Xerome
Descrito pola fonte
Appletons' Cyclopædia of American BiographyDicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronLatinas in the United States: A Historical Encyclopedia

Juana Inés de Asbaje y Ramírez de Santillana, máis coñecida como sor Juana Inés de la Cruz, nada en San Miguel Nepantla o 12 de novembro de 1648 e finada na Cidade de México o 17 de abril de 1695, foi unha relixiosa da Orde de San Xerome e escritora novohispana, expoñente do Século de Ouro da literatura en castelán. Cultivou a lírica, o auto sacramental e o teatro, así como a prosa.

Traxectoria

De moi nova aprendeu a ler e a escribir. Pertenceu á corte de Antonio de Toledo y Salazar, marqués de Mancera e 25.º vicerrei de Nova España. En 1669, por anhelo de coñecemento, ingresou na vida monástica. Os seus máis importantes mecenas foron os vicerreis De Mancera, o arcebispo vicerrei Payo Enríquez de Rivera e os marqueses da Laguna de Camero Viejo, vicerreis tamén da Nova España, que publicaron os dous primeiros tomos das súas obras na España peninsular. Grazas a Juan Ignacio María de Castorena Ursúa y Goyeneche, bispo de Iucatán, coñécese a obra que sor Juana tiña inédita cando foi condenada a destruír os seus escritos. El a publicou en España. Sor Juana morreu a causa dunha epidemia o 17 de abril de 1695.

Sor Juana Inés de la Cruz ocupou, xunto con Juan Ruiz de Alarcón e Carlos de Sigüenza y Góngora, un destacado lugar na literatura novohispana. No campo da lírica, o seu traballo se adscribe na líña do barroco español na súa etapa tardía. A produción lírica de Sor Juana, que supón a metade da súa obra, é un crisol onde converxen a cultura dunha Nova España en apoxeo, o culteranismo de Góngora e a obra conceptista de Quevedo e Calderón.

A obra dramática de sor Juana vai do relixioso ao profano. As súas obras máis destacables neste xénero son Amor es más laberinto, Los empeños de una casa e unha serie de autos sacramentais concibidos para representarse na corte.

En México, os billetes de douscentos pesos están ilustrados cunha imaxe da escritora.

Read next

In 65 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article