Joe Malcolm Harris, nado o 7 de setembro de 1991 en Chelan, Washington, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria profesional
O 26 de xuño de 2014, Harris foi seleccionado na 33ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Cleveland Cavaliers. O 24 de xullo asinou o seu contrato de rookie cos Cavaliers. Durante as súas dúas tempadas en Cleveland, foi asignado en varias ocasións ós Canton Charge, afiliado dos Cavs na NBA Development League. Na súa tempada coma rookie, os Cavaliers chegaron ás Finais da NBA de 2015, onde perderon contra os Golden State Warriors en seis partidos.
O 19 de xullo de 2016, Harris asinou cos Brooklyn Nets. O 23 de novembro de 2020, Harris asinou un novo contrato cos Nets por catro anos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
