factograf
GL

aviador militar, Reino de Italia

Italo Balbo

Italo Balbo

Key facts

data de nacemento6 de xuño de 1896
data de falecemento28 de xuño de 1940
ocupaciónmilitar, político, aviador
cónxuxeEmanuela Florio
membro do partido políticoPartido Nacional Fascista
distinciónCruz de Voo Distinguido
All data from the card 15
Nacemento
6 de xuño de 1896 Quartesana
Morte
28 de xuño de 1940 (44 anos)Tobruk
Causa da morte
morte accidentalmorte en combate
Lugar de sepultura
Orbetello (pt)
Relixión
Deísmo
Educación
Istituto Cesare Alfieri (en) - laurea (–1920)
Ocupación
militar, aviador, político, aviador militar
Período de actividade
1915 - 1940
Partido político
Partido Nacional Fascista
Membro de
Grande Conselho do Fascismo (pt)
Lealdade
Reino de Italia
Rama militar
Regia Aeronautica e aviación
Rango militar
maresciallo dell'aria (en) xeneral
Participou no conflito
Primeira Guerra Mundial Segunda Guerra Mundial Campanha Norte-Africana (pt)
Cónxuxe
Emanuela Florio

Italo Balbo, nado en Quartesana en 1896 e finado en Tobruk en 1940, foi un piloto e político italiano.

Traxectoria

Durante a primeira guerra mundial serviu nas tropas alpinas, chegando ao rango de capitán, logo da guerra estudou en ciencias sociais en Florencia, ao remate volta á súa cidade para traballar como empregado de banca.

Únese ao fascismo e convértese no secretario da sección local, organiza a súa propia escuadra de fascistas co nome de Celibano co que creba folgas por orde dos terratenentes locais e ataca a comunistas e socialistas en Portomaggiore, Rávena, Modena e Boloña.

En 1922, na época da marcha sobre Roma, era un dos principais xefes fascistas, en 1923 acusado da morte de Giuseppe Minzoni, crego antifascista, en Agrenta, Balbo establécese en Roma onde se converte en comandante en xefe das milicias fascistas e subsecretario de economía en 1925.

En 1926 convértese en secretario de estado de aviación, logo dun curso acelerado de aviación comeza a formar a Regia Aeronautica, as forzas aéreas italianas. Dende o 19 de agosto de 1928 é o mariscal da forza aérea e dende o 12 de setembro de 1929 ministro do aire, con 33 anos era o ministro europeo máis novo.

Balbo comandou dous voos transatlánticos, ao Brasil en 1930 e aos Estados Unidos en 1933. Gobernador Xeral de Libia dende 1934, onde tratou de atraer aos musulmáns á causa fascista e de impulsar o establecemento de colonos italianos.

Despois da invasión alemá de Polonia, Balbo trasladouse a Roma para manifestar o seu desagrado polo apoio de Mussolini a Hitler, el consideraba que Italia debía estar no mesmo bando que o Reino Unido.

O 28 de xuño de 1940 o avión que pilota durante un voo de vixilancia foi derrubado polo fogo antiaéreo dun cruceiro italiano, o goberno italiano afirmou que foi un accidente, pero a viúva de Balbo cría que fora un asasinato por orde de Mussolini

Read next

In 45 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article