factograf
GL
Sign in

baloncestista alemán

Isaac Bonga

Isaac Bonga
All data from the card 11
Nacemento
8 de novembro de 1999 (26 anos)Neuwied
Altura
203 cm
Peso
165 lb
Ocupación
baloncestista, atleta profesional
Período de actividade
2016 -
Nacionalidade deportiva
Alemaña
Deporte
baloncesto
Liga
NBA G League, National Basketball Association e Basketball Bundesliga
Posición de xogo
Escolta, Base e Ala
Número deportivo
17
Convocado por
Philadelphia 76ers, 39º (2018)

Isaac Evolue Etue Bofenda Bonga, nado o 8 de novembro de 1999 en Neuwied, é un xogador alemán de baloncesto profesional que xoga nos FC Bayern München da Basketball Bundesliga.

Traxectoria profesional

En xuño de 2016, Bonga asinou un contrato de catro anos co Skyliners Frankfurt da Basketball Bundesliga. Debutou na Bundesliga con 16 anos o 23 de setembro de 2016, na derrota por 84-55 contra o Brose Bamberg.

O 21 de xuño de 2018, Bonga foi seleccionado na 39ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Philadelphia 76ers. O 6 de xullo foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2019. Tras o traspaso, Bonga asinou un contrato de rookie cos Lakers. Fixo o seu debut na NBA o 7 de decembro de 2018 contra os San Antonio Spurs.

O 5 de xullo de 2019, Bonga foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre tres equipos.

O 12 de agosto de 2021, Bonga asinou cos Toronto Raptors.

Véxase tamén

Ligazóns externas

In 20 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article