"In Bloom" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editada como sinxelo do seu álbum Nevermind o 30 de novembro de 1992. A banda gravara un vídeo para a primeira versión do tema, porén, "In Bloom" non aparecería nunha edición comercial ata o lanzamento de Nevermind en 1991. A canción converteríase no cuarto sinxelo do álbum, e foi acompañado por un videoclip no cal se parodiaban as actuacións musicais dos programas de variedades dos anos 60.
Rolling Stone situou a "In Bloom" no posto 415 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os tempos
Antecedentes e gravación
Nirvana tocou por vez primeira a canción a noite anterior de gravar unha demo. O baixista Krist Novoselic recordou que "orixinalmente soaba como un tema de Bad Brains. Entón Kurt converteuna nunca canción pop". Cobain marchou a casa e traballou sobre ela, tocándolle a versión revisada a Novoselic polo teléfono. A banda gravou "In Bloom" co produtor Butch Vig nos Smart Studios de Madison, Wisconsin durante o mes de abril de 1990. O material gravado nos Smart Studios era para o segundo álbum do grupo, que ía ser editado a través do selo independente Sub Pop. Orixinalmente a canción tiña unha ponte que Vig eliminou. Novoselic dixo que despois de que a banda gravase o tema, Vig cortou a ponte da cinta máster de 16 pistas cunha folla de afeitar e tirouna ao lixo. As cancións desas sesións pasaron a formar parte dunha cinta demo que circulou pola industria discográfica, xerando interese entre os grandes selos.
Tras asinar con DGC Records, Nirvana comezou a gravar por segunda vez Nevermind en maio de 1991. "In Bloom" foi unha das primeiras cancións que se gravaron durante as sesións nos Sound City Studios en Van Nuys, California; Vig pensou que sería bo comezar gravando un tema anteriormente rexistrado nos Smart Studios. Os arranxos para "In Bloom" e as outras cancións previamente gravadas con Vig en 1990 quedaron na súa meirande parte sen cambios; o recentemente contratado Dave Grohl respectou case todas as batería gravadas por Chad Channing, pero engadíndolle máis potencia e precisión á gravación. Cobain cantaba progresivamente dun xeito "máis duro" durante a gravación da canción, o que lle dificultou a Vig equilibrar os volumes entre as estrofas e os retrousos. Vig recordou que tivo que cambiar o nivel de entrada "sobre a marcha", e esperaba que Cobain would non "cambiase o enunciado ou fixese algo diferente" mentres gravaba.
Cobain decidiu non sobregravar unha harmonía vocal durante as sesións en Smart Studios, posiblemente debido ás limitacións de tempo. Durante as sesións do Nevermind, Vig fixo que Grohl cantase harmonías na canción. Grohl tivo dificultades para atinar coas notas correctas, pero finalmente foi capaz de cantar o que Vig quería. Vig tivo que enganar a miúdo a Cobain, que se opoñía a realizar distintas tomas, para facer tomas adicionas para os overdubs do disco. O produtor convenceu a Cobain para dobrar as súas voces en "In Bloom" dicíndolle, "John Lennon fíxoo". Tras dobrar as voces, Vig decidiu que podería dobrar tamén as de Grohl e realizou unha toma adicional das harmonías do coro.
Composición
Como moitas cancións de Nirvana, "In Bloom" pasa de estrofas tranquilas a retrousos fortes. Cobain usa un amplificador de guitarra Mesa Boogie para as estrofas, e durante o retrouso cambia a un Fender Bassman (por suxestión de Vig), para conseguir un son fuzz de dobre vía máis pesado. A sección rítmica de Novoselic e Grohl mantiveron as súas partes sinxelas; Grohl dixo que era "unha regra non escrita" evitar recheos de batería innecesarios, mentres que Novoselic afirmou que sentía que o seu papel era o de "servir á canción". Durante os coros, o vocalista Cobain e o batería Grohl harmonizan mentres cantan "He's the one/Who likes all our pretty songs/And he likes to sing along/And he likes to shoot his gun/But he knows not what it means". A introdución da canción volve a aparecer ao final de cada coro.
Listaxe de cancións
Todos os temas compostos por Kurt Cobain.
- 7", casete
- "In Bloom" – 4:17
- "Polly" (live) – 2:47
- 12", CD
- "In Bloom" – 4:17
- "Sliver" (live) – 2:06
