factograf
GL
Sign in

Ilamatepec

Ilamatepec

Key facts

elevación sobre o nivel do mar2.381m
instancia deestratovolcán
paísO Salvador
continenteAmérica
situado na unidade administrativaDepartamento de Santa Ana
All data from the card 1
Freebase
/m/035p5m

O volcán Ilamatepec (tamén chamado Santa Ana) é un volcán situado no Departamento de Santa Ana do Salvador. As súas últimas erupcións ocorreron en 1920 e en 1904. Ten unha altura de 2.381 metros sobre o nivel do mar e é un dos puntos máis altos do país.

O Ilamatepec está situado na cordilleira de Apaneca, dentro dun bosque de montaña nubrado e tropical, nunha rexión cultivadora de café, a uns 65 quilómetros ao oeste da capital. As principais actividades da rexión son a agricultura e o turismo.

Desde agosto de 2005 presentou a actividade típica de moitos volcáns previa a unha erupción e estímase que esta podería ocorrer antes de finais de 2005. O sábado 1 de outubro ás 8:00 am (GMT-6) hora local, houbo unha explosión, na que o volcán expulsou polos ceos cinza e rochas. Así mesmo, un alude de auga quente comezou a descender do cráter matando polo menos dúas persoas e forzando a evacuación da zona de San Blas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • artigo da BBC en inglés sobre unha erupción recente
  • Programa de Vulcanismo global, en inglés Arquivado 14 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
  • Artigo e imaxe do observatorio da NASAArquivado 21 de outubro de 2005 en Wayback Machine..

Read next

In 28 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article