Ian James Thorpe, nado en Sidney o 13 de outubro de 1982, é un nadador Australiano especializado en estilo libre, pero que tamén compite nos estilos de costas e medley individuais. Na súa carreira deportiva gañou cinco medallas de ouro olímpicas, máis que ningún outro australiano, e con tres ouros e dúas pratas foi o atleta máis exitoso dos Xogos Olímpicos de 2000. Nos campionatos mundiais de 2001, converteuse na primeira persoa en gañar seis medallas de ouro nun único Campionato Mundial. En total, Thorpe gañou 11 medallas de ouro en Campionatos Mundiais. Thorpe foi tamén a primeira persoa en ser chamada Nadador do ano en catro ocasións, e foi o nadador australiano do ano dende 1999 até 2003. Os seus resultados deportivos convertérono nun dos atletas de Australia máis populares, e foi recoñecido como Australiano Novo do Ano no 2000.
Véxase tamén
Bibliografía
- Hunter, Greg (2004). Ian Thorpe: The Biography Sidney: MacMillan, 404. ISBN 1-4050-3632-X (en inglés)
- Andrews, Malcolm, (xuño de 2000). Australia at the Olympics ABC Books. ISBN 0-7333-0884-8 (en inglés)
- Talbot, Don; Ian Heads, Kevin Berry (2003). Talbot: Nothing But the Best Lothian. ISBN 0-7344-0512-X (en inglés)
