factograf
GL
Sign in

Ian Anderson

Ian Anderson

Key facts

data de nacemento10 de agosto de 1947
ocupacióncompositor, cantante, guitarrista
lugar de nacementoDunfermline
distinciónmembro da Orde do Imperio Británico
xénero artísticomúsica rock
All data from the card 10
Nacemento
(en) Ian Scott Anderson 10 de agosto de 1947 (79 anos)Dunfermline
Educación
Blackpool Grammar School (en) George Watson's College (en)
Ocupación
compositor, cantautor, cantautor, saxofonista, frautista, cantante, guitarrista, músico
Período de actividade
1962 -
Membro de
Jethro Tull (1968–)
Xénero artístico
Música rock
Tesitura
Barítono
Instrumento
Guitarra, Frauta travesa, Frauta doce e voz
Selo discográfico
Chrysalis Island Records
Sitio web
jethrotull.com

Ian Scott Anderson, nado o 10 de agosto de 1947, é un cantante, compositor e multi-instrumentista escocés, coñecido polo seu traballo como líder e frautista da banda británica Jethro Tull.

Traxectoria

Instrumentos

Anderson toca varios instrumentos como a guitarra eléctrica e acústica, o baixo, o bouzouki, a balalaika, o saxofón, a harmónica ou varios tipos de whistles.

Como frautista, Anderson é autodidacta: o seu estilo, moitas veces baseado en gran medida do lingua aleteada (frullato), e ocasionalmente cantando e tarareando mentres tocaba, estivo influenciado por Roland Kirk.

Estilo e influencias

A súa famosa pose de tocar cunha soa perna chegou por casualidade: estivera tocando a harmónica nunha perna para poder suxeitar o soporte do micrófono coa outra, e un xornalista describiuno por erro como o frautista que tocaba unha perna no Marquee de Londres. Decidiu aproveitar esa fama aínda que con certa dificultade ao principio. Máis tarde sorprenderíalle ver imaxes de varias iconas divinas tocando a frauta nunha soa perna como Krishna e Kokopelli.

A pesar de ter un pequeno número de discos aclamados e de facer incontables aparicións con outros artistas, sempre foi identificado como o líder de Jethro Tull. A súa imaxe, sen dúbida, estivo ligada a dita formación coa que foi abandeirado da cultura rock.

O estilo da súa música mestura folk, jazz, blues, rock e pop. As súas letras adoitan ser complexas, cheas de trabalinguas, críticas ácidas á sociedade e á relixión, ou alegorías de fantasía e/ou país ou vida medieval. No documental de DW Eine Welt ohnen Beethoven?, Ian Anderson recoñeceu que o músico alemán é unha das influencias non só na súa música senón en todo o rock e outras músicas actuais.

Actividade empresarial

Anderson posúe máis de corenta granxas de salmón, moitas delas en Chile.

Saúde

Anderson anunciou que padece EPOC debido en parte á exposición ás máquinas de fume nos concertos. Sobreviviu a unha perigosa trombose sufrida tras un voo en avión comercial en precarias condicións de espazo e mobilidade. A súa voz viuse resentida e nos seus concertos prohibe totalmente que se fume.

Read next

In 38 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article