factograf
GL
Sign in

Highlands

Highlands

Key facts

elevación sobre o nivel do mar1.344m
instancia derexión histórica
paísReino Unido
situado na unidade administrativaEscocia
descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947)
All data from the card 1
Freebase
/m/074xr

As Highlands ou Terras Altas Escocesas[Cómpre referencia] (Highlands en inglés, A' Ghàidhealtachd en gaélico escocés, Hielands en scots), é unha rexión montañosa do norte de Escocia. É unha área con baixa densidade de poboación, e cun relevo moi variado. O principal centro administrativo é Inverness.

Respecto da cultura, o trazo máis distintivo é a influencia celta na cultura, incluíndo o mantemento do gaélico escocés como a lingua materna dunha parte da poboación, e un maior predominio da actividade agrícola e gandeira, comparado co resto do país.

Durante os séculos XVIII e XIX miles de persoas foron desaloxadas e forzadas a emigrar ao sur ou a América e Australia. Produciuse cando o sistema feudal entrou en crise.

A unidade administrativa do condado denominado Highland soamente ocupa un 40% (aproximadamente) da rexión xenericamente denominada Highlands. O resto do territorio está repartido entre os condados de Aberdeenshire, Angus, Argyll e Bute, Moray, Perth e Kinross, e Stirling.

Notas

Read next

In 66 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article