factograf
GL

químico estadounidense

Henry Taube

Henry Taube
All data from the card 12
Nacemento
30 de novembro de 1915 Neudorf
Morte
16 de novembro de 2005 (89 anos)Palo Alto
Residencia
Palo Alto (–2005)Saskatchewan
Educación
Universidade de California, Berkeley - química (–1940)University of Saskatchewan Luther College (en)
Campo de traballo
Química
Ocupación
químico, profesor universitario
Empregador
Universidade Cornell Universidade de Chicago Universidade Stanford
Interesado en
Química
Doutorando
Thomas J. Meyer (en)
Familia
Taube
Fillos
Karl Taube
Descrito pola fonte
HENRY TAUBE. 30 NOVEMBER 1915 - NOVEMBER 2005 (en) Henry Taube: inorganic chemist extraordinaire (en) Celebration of inorganic lives: interview with Henry Taube (en)

Henry Taube, nado o 30 de novembro de 1915 en Neudorf, Saskatchewan (Canadá) e finado o 16 de novembro de 2005 en Palo Alto, California (USA), foi un químico nado canadense e nacionalizado estadounidense. O seu traballo investigando os mecanismos das reaccións de transferencias de electróns, especialmente entre metais, ou transferencias de electróns na esfera interior, foron recompensados co Premio Nobel de Química en 1983.

Traxectoría

Taube asistiu a clases na escola de educación secundaria Luther College, de Regina, Saskatchewan. Recibiu o título de bacharelato e a gradación da Universidade de Saskatchaven en 1935 e 1937 respectivamente. En 1940 obtivo o doutoramento pola Universidade de Berkeley, California. Obtivo a cidadanía estadounidense. Desde 1961 deu clases de química nas universidades de Cornell e Chicago. Desde 1978 exerceu como director do departamento de química da Universidade Stanford en Palo Alto, California, cargo que abandonou en 1986, con 70 anos.

Faleceu na súa casa de Palo Alto, California o 16 de novembro de 2005, catorce días antes de celebrar o seu nonaxésimo aniversario (90 anos).

Investigacións científicas

Os estudos que lle valeron o Premio Nobel trataban das reaccións nas que algunhas moléculas obteñen electróns doutras, coñecidas como redox, unha contracción de redución e oxidación. As reaccións redox danse na natureza na fotosíntese vexetal e na respiración animal, e en procesos industriais como a combustión. O seu traballo trataba especificamente dos compostos nos que un átomo de metal está rodeado de varios átomos doutras moléculas coñecidas como ligandos. Foi un dos primeiros químicos en usar isótopos para determinar mecanismos de reacción e en probar os mecanismos da química inorgánica. Expandiu en gran medida a química coñecida do rutenio e o osmio.

Ligazóns externas

  • Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1983 (en inglés)
  • Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1983 (en inglés)
  • Henry Taube en Biografías y Vidas (en castelán)
  • Perfil de Henry Taube en NNDB
Predecesor:
Aaron KlugPremio Nobel de Química

1983Sucesor:
Robert Bruce Merrifield

In 57 languages

Text from Wikipedia, CC BY-SA 4.0 · Source article